O PP DENUNCIA A FALTA DE MANTEMENTO NOS CENTROS ESCOLARES

Levamos xa varios días nos que algún país de alumnos do colexio da Rúa nos fan chegar as súas queixas sobre a falta de calefacción no centro.

Parece ser que dende fai quince días o citado colexio atópase sen calefacción. Os alumnos son os que primeiro se resinten desta situación, xa que para eles é incluso mellor sair fora das aulas a dar clase que permanecer nelas, xa que a temperatura é mais agradable fora (porque según dín eles quenta o sol) que estar dentro da aula onde non se para co frío.

O certo é que están obrigados a facer as clases de lectura e alguna outra no exterior, xa que dentro os rapaces non fan mais que queixarse do frío que teñen, e a situación empeora coa baixada dos termómetros.

Os país non teñen coñecemento do que está a suceder, non saben si é por un problema técnico (unha avería), se se debe a falta de combustible, ou se o que pasa é por falta de vontade de arranxar o problema. O único que saben de certo é que os seus nenos e nenas están nunhas condicións que non son as adecuadas, e dende logo a falta de información sobre o tema tamén é bastante relevante.

Non pode ser que en pleno Decembro un centro escolar se atope sen calefacción, é unha mostra de desidia e abandono. Non se pode tolerar que segan a pasar os días sen dar solución o problema.

Recordamos o Concello, que é o que ten as competencias en canto os mantenementos dos centros escolares, polo tanto ten que arranxar a situación, pode facelo con medios propios ou coa empresa encargada dos mantenementos, pero o que non pode ser e que despois de 15 días ninguén fora quen de arranxar o problema. A todos se nos enche a boca cando falamos dunha educación de calidade, pero o que temos que facer e traballar e pornos as pilas, xa que a calidade mídese tanto en pedir a gratuidade dos libros, como en calefactar as aulas para que os nenos e nenas podan estar na escola ben, que é como teñen que estar.

Por todo isto e atendendo a demanda dos país, exiximos o Concello que faga un esforzo extraordinario e que se achegue o centro, envíe os técnicos de mantenemento e solucionen este problema sen mais esperas.

 

3. Mª Dolores Hermelo Piñeiro. 44 anos. Licenciada en Xeografía e Historia- Titulada en Gestión Empresarial, Ofimática Empresarial e Eficiencia Enerxética. Actualmente traballa na administración e control de obras de instalacións eléctricas e iluminación. Veciña de Darbo.

Loli Hermelo, concelleira do Partido Popular.