FALTA DE COHERENCIA SR. JUNCAL

Ante a convocatoria para mañan, da comisión especial de contas da Mancomunidade para tratar dos orzamentos da mesma para o 2016, se inclúe entre os puntos da orde do día a modificación dos estatutos da Mancomunidade.

Dende o grupo municipal do PP de Cangas queremos destacar que foi proposta por José Enrique Sotelo sendo presidente da Mancomunidade. En concreto, na Xunta de Goberno da Mancomunidade de decembro de 2013 no punto número 11 se acordou por unanimidade crear unha comisión de traballo para a elaboración dunha actualización dos estatutos. Entre os presentes estaba o Sr. Juncal que votou a favor e estaba de acordo de traballar este tema desde o consenso como así se contemplaba na proposta.

Non erntendemos ahora que se presente esta proposta, sin molestarse en buscar o mais mínimo consenso, estando de acordo coa necesidade da modificación dos estatutos para que se adapten a realidade da Mancomunidade. Non podemos aceptar esta proposta sin que exista un intento de chegar a un consenso entre todos os grupos que formen parte da Asamblea da Mancomunidade. A nosa posición será a de solicitar a retirada do punto e que se cumpla o acordo da Xunta de Goberno da Mancomunidade de decembro de 2013 e se cree unha mesa de traballo para elaborar a actualización dos estatutos.

Estamos acostumados a que o Sr. Juncal diga unha cousa nunhas reunións da Mancomunidade e posteriormente dicir todo o contrario. Ten a manía de entrar en contradicción coas suas propias propostas.

5. Pío Millán Blanco. 43 anos. Licenciado en Económicas e Master en Auditoría e Contabilidade Superior. Actualmente traballa de administrativo. Veciño de O Hío.

Pío Millán, concelleiro do PP de Cangas.