NO 2015 O CONCELLO PECHOU A LIQUIDACIÓN CUN SUPERÁVIT DE 1,2 MILLÓNS DE EUROS

Unha vez mais as cifras volven a poñer de manifesto o esforzo realizado polo anterior equipo de goberno do Partido Popular no eido económico. Fai pouco se fixo pública a liquidación das contas municipais correspondentes ao exercicio do ano 2015 (último ano de goberno do PP) o que revelouse un superávit de 1,2 millón de euros. A este dato hai que sumar que os populares reduciron o remanente de tesourería dos -17 millóns de euros no ano 2011 aos -43.000 euros do 2015. “Non deixamos a cousa tal mal como di o actual goberno, como demostran os datos que están en Intervención e Tesorería”, asegura o exconcelleiro de Facenda e edil popular Pío Millán.

“Non nos gustaría que os recientes cambios e nomeamentos en Intervención rompan esta dinámica positiva dos últimos anos” sinala Millán, que tamén criticou  o feito de que o rexidor local Xose Manuel Pazos reventara a posibilidade que otorga o Ministerio de Facenda para subir nun 10,8% as valoraciones catastrales. ” hecho de que el regidor local, Xosé Manuel Pazos, rechazara la posibilidad que le otorga el Ministerio de Hacienda para subir un 10,8% la valoraciones catastrales.”Decirlle que o goberno anterior so actualizou no 2014 e 2015 coa ameaza de que en caso negativo podería verse obrigado a facer unha nova ponencia de valores, o que traería consigo un aumento moi superior dos valores catastrais de todo o municipio” explica, “decirlle tamén que para o exercicio 2015 nos comprometemos a manter a mesma presión fiscal que o 2014 e así o fixemos respecto o IBI” engade. Pío Millán tamén lembra que Pazos e o actual goberno que preside prometeu realizar unha baixada nos distintos impostos do Concello de Cangas, “pero a realidade é que os impostos non se van baixar, nestes días os veciños de Cangas recibirán o Imposto de Vehículos e comprobarán que o seu alcalde non cumpriu a promesa de baixalos” destaca, “falar é moi sinxelo, pero cando un se enfronta a realidade e ten que tomar decisión as cousas cambian. Repítolle unha vez máis. señor Pazos, que unha cousa é predicar é outra dar trigo” remata.