O PP VOLVE A DENUNCIAR O ABANDONO DO FACHO

Os populares visitaron este lugar emblemático da comprobar o estado deste xacemento castrexo declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Este domingo membros do grupo municipal do PP de Cangas visitaron O Facho para ver in situ o actual estado dun dos puntos máis visitados do concello e da comarca. Dende a formación volven a denunciar a falta de mantemento do lugar, “é un exemplo claro da desidia do goberno tripartito de Cangas, que pese dous anos ao fronte do Concello, que segue sen atender as queixas dos visitantes que acoden a contemplar un dos xacementos máis singulares da Península Ibérica no que se encontraton 174 aras que a pesar das criticas do actual concelleiro de Cultura se supón estean en caixas de peixe no Auditorio e non no Museo de Pontevedra” explican.

“Esiximos con urxencia se efectúe unha urxente limpeza e se elabore tal e como estaba previsto nese convenio co Ministerio de Fomento- Deputación de Pontevedra, un plan de excavación e musealización” afirman, “non podemos permitir que O Facho se siga deteriorando por máis tempo” continúan.

Resulta lamentable que os que se din progresistas e mostran nos medios de comunicación profunda preocupación pola cultra e o mantemento do patrimonio – a realidade e ben distinta- poidan consentir que as capelas de Sto. Domingo como a de S. Roque estean no estado no que se atopan na actualidade.

Que decir do monte de O Facho que despois de dous anos nin tan sequera foron quen de facer o que se viña facendo ata agora como medios municipais respecto da limpeza dos accesos.

É unha mágoa que despois de moitos esforzos se tiña conseguido coa axuda de todos, Comunidade de Montes, veciñanza e tamén administracións e institucións (Xunta, Deputación de Pontevedra, Instituto Arqueolóxico Alemán, Caixanova e por suposto o Concello).

Nesta niña, o líder do PP de Cangas presentou unha serie de preguntas ao actual goberno para coñecer se dende o equipo de goberno se teñen previstas actuacións no citado lugar de cara a próxima tempada estival e cales serían.

IMG_5189 IMG_5191 IMG_5190 IMG_5192