ABALO INTENTA MAQUILLAR AS SÚAS ARROUTADAS

O Sr. Abalo intenta maquillar a decisión de retirar a solicitude de derrogar a delegación do IBI no ORAL, con desculpas pero a realidade e que se tomou un acordo de forma precipitada por parte do Concello de Cangas ante a proposta do concelleiro de Facenda, e agora teñen que recuar por non analizar minimamente as consecuencias da proposta.

Cando dende a oposición criticamos no pleno de Cangas a falta de informes ou estudos que abalaran a proposta, se nos dixo que cando se rescatara a xestión de IBI, tiñan un plan B para corrixir as carencias en materia de xestión catastral e de recadación de IBI, agora nos decatamos que o Plan B era dar marcha atrás.

Lembrar que no informe da Tesourería da Deputación se transmite que será moi complexo levar a recadación en executiva do IBI e as plusvalías, xa que dende o ORAL non van ter acceso a información necesaria para resolver recursos e reclamacións.

 

 

J.E. Sotelo, Pte. e voceiro do Partido Popular de Cangas.