CELEBRACIÓN DA TRADICIONAL ‘FESTA DOS PEPES’

Este xoves 17 de marzo celebrouse na sede local a tradicional ‘Festa dos Pepes’. No acto previo ao ágape, o presidente local Jose Enrique Sotelo quiso intercambiar unhas verbas cos militantes e simpatizantes, destacando o traballo levado a cabo ata agora polo grupo municipal e reiterando o compromiso da formación na realización dunha oposición responsable que traballe por e para todos os veciños e veciñas de Cangas.

“10 meses foron dabondo para saber que seguen sendo os mesmos de sempre coas políticas de sempre. Moita foto, moito anuncio pero sen nada detrás. Sen medidas, nin iniciativas nin proxectos”, reiterou.

festapepes16(3) festapepes16(1) festapepes16 festapepes(2)