A CAMPAÑA POPULAR A FAVOR DA INCLUSIÓN DE VIGO NO TRANSPORTE METROPOLITANO CHEGA A CANGAS

O líder do PP cangués acompañado por varios diputados autonómicos repartiu folletos informativos na Estación Marítima entre os usuarios.

“O alcalde de Cangas prefire apoiar ao sr. Caballero en vez de defender os dereitos dos 10.000 cangueses usuarios do Transporte Metropolitano” destaca Sotelo.

Cangas é o segundo concello da Área con maior número de tarxetas de trasnporte metropolitano expedidas tras Vigo.

Esta mañá desembarcou en Cangas a campaña do Partido Popular para denunciar a oposición do alcalde de Vigo á entrada da cidade no transporte metropolitano.  O líder popular local J. E. Sotelo, acompañado polo seu número dous Rafa Soliño e polos diputados autonómicos José Alberto Pazos, Teresa Egerique e Marián García acudiron á Estación Marítima para repartir folletos e informar aos usuarios do transporte de ría dos motivos polos que aínda hoxe o Vitrasa non está incluído dentro do transporte metropolitano.

“Hai que informar aos cangueses que están pagando de máis por culpa do alcalde de Vigo que négase a incluir a Vigo no Transporte Metropolitano, incumprindo o convenio asinado coa Xunta en xullo (despois de negarse a facelo en abril)” explica Sotelo. “Reclamamos algo tan simple como ter o mesmo Transporte Metropolitano que hai noutros sitios de Galicia como Coruña, Santiago ou Ferrol” sinala.

Por outra banda o popular denunciou o apoio do alcalde de Cangas ás teses do rexedor vigués. “É incomprensible a actitude do sr. Pazos, está actuando como palmeiro do sr. Caballero en vez de defender os intereses dos 10.000 cangueses usuarios deste servizo”.

Como exemplo os populares destacan que un cangués que viaxe dende Aldán ata o Hospital A. Cunqueiro gastaba 5,32 euros antes da posta en marcha do Transporte Metropolitano, hoxe paga 2,62 e chegaría a só 1,30 euros coa entrada efectiva de Vigo. “Unha auténtica tasa Caballero” recalcan.

Os deputados autonómicos pola súa parte sinalaron que nas cidades de Coruña, Santiago ou Ferrol foi posible a posta en marcha do transporte metropolitano con alcaldes socialistas, seguindo funcionando agora con alcaldes de En Marea polo que non entenden o bloqueo do rexedor socialista. “Nós defendemos o mesmo  para Vigo” afirman. Por outra banda rexeitaron o argumento de que sería financiado a costa dos fondos do consistorio vigués, “a Xunta de Galicia asume o 80% dos fondos” reclacan. Por último os diputados populares defenderon o recurso presentado pola Xunta de Galicia, “o alcalde de Vigo está incumprindo unha lei aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia que sinala que non pode haber Área Metropolitana sen a efectiva entrada de Vigo no Transporte Metropolitano”.