A GAIOLA DA ZONA DE LANZAMENTO DO ESTADIO DE ATLETISMO SIGUE SEN REPOÑER

O PP denuncia a falta de implicación municipal en materia deportiva ao deixar postergadas obras de mellora nalgunhas instalacións do municipio, que foron iniciadas na anterior lexislatura do Partido Popular.

O concelleiro do grupo municipal do Partido Popular de Cangas, Francisco Soliño, quere facerse eco da desidia do responsable municipal en materia deportiva. É lamentable que instalacións como as Pistas de Atletismo continúen a día de hoxe sen gaiola na zona de competición para lanzamento, ou que os vestiarios do Gatañal e as obras do Campo do Alondras non formen parte dos traballos a executar  polo goberno local, apunta.

Soliño pide que se repoña con carácter urxente a gaiola das Pistas de Atletismo onde actualmente se practica o tiro de martelo e xavelina sen ningún tipo de protección co conseguinte risco para o resto de atletas que utilizan as instalacións do Estadio. Despois de 6 meses da caída deste elemento, a día de hoxe nin se arranxou nin se dispuxo dunha nova onde poder practicar con seguridade esta disciplina deportiva.

O Concelleiro popular lamentou tamén que obras como os vestiarios do Pavillón do Gatañal se atopen sen rematar case ano e medio despois de entrar no Concello. Unha obra que o PP empezou a petición do Balonmán,  acorde coas necesidades deste club e que foi moi demandada no seu momento, se atopen agora inutilizados.

Na mesma liña se atopan as obras do Campo do Alondras, asegura Soliño, que parecen as obras do Escorial, e  que de seguir así non estarán concluídas para o inicio da Liga, prexudicando ao Club.

Dende o Partido Popular insistiremos en denunciar as veces que sexan necesarias a política errática que están a tomar desde o Concello. Unha vez máis a Concellería de Deportes sigue sen facer os deberes, e deixa postergadas ao “olvido” algunhas melloras das instalacións deportivas iniciadas na lexislatura anterior.

Non entendemos que o deporte non sexa para este goberno local unha prioridade, despois de ter unha canteira deportiva de elite, que sen dúbida precisan dunhas instalacións e infraestruturas en condicións.

En definitiva, conclúe Soliño que o Concello debe garantir que Cangas siga sendo un referente no deportivo, e para elo ten que traballar con exixencia para ofrecer unhas instalacións de calidade para deportistas de primeira.