O PP PIDE RESPONSABILIDADES POLO DERRUMBE DA CAPELA DA PEDREIRA

Os populares lamentan que dende o Concello non se tiveran posto en marcha medidas para evitar o derrumbe do inmoble “que puido costar vidas humanas” sinalan.

Para a formación tratouse dunha crónica dun desplome anunciado, tanto polos veciños – co denunciaron a través dos medios de comunicación- como polos propios técnicos municipais que foron para deixar constancia da situación e informar da urxencia de tomar medidas dende as instancias competentes.

“Cos datos sobre a mesa, o goberno municipal debeu impedir o uso desas instalacións relixiosas abertas ao culto, co consiguinte risco para as persoas participantes”, advirtiu o concelleiro popular Rafael Soliño, que insistiu en que, se o derrumbe se tivera producido durante un oficio religioso “podería haberse tratado dunha auténtica desgracia e podríamos estar falando no día de hoxe mesmo de mortos”. “Se xogou coa vida de moitas persoas, sen prohibir o uso da capela, nin vallar o seu entorno nin nada de nada”, reiterou, polo que “pediremos responsabilidades políticas, técnicas ou xurídicas, que as hai” afirmou.

Para Soliño, ese proceder vai en sintonía coa actitude de “auténtico pasotismo” do tripartito, ao que acusa de falar moito e actuar pouco ou nada.

CapillaCoiro_TwitterFaroOMorrazo_100316