“O NOSO PROXECTO É DE AQUÍ, POR E PARA OS DE AQUÍ, FEITO POR XENTE DE AQUÍ NO QUE CABEN TODOS”

 

 

 

 

(Entrevista publicada no Faro de Vigo  o 05-03-23)

“Cangas non é unha franquicia; no temos autonomía para decidir pactos, outras forzas, non”

José Enrique Sotelo ten tras de sí un intenso historial político. Foi alcalde de Cangas entre 1999 e 2007 e entre 2011 e 2015. É líder innegable do Partido Popular de Cangas. Volve a presentarse ás eleccións municipais, aínda que o de as caras novas lle fixo meditar a decisión máis do que algúns quixeran.

P.Despois de tantos anos, a política lle sigue xerando ilusión?

Por suposto. A política para mí é pasión. Precisamos de ilusión que construyan, ademas neste momento, ilusión que nos eleven o ánimo colectivo para abordar eses cambios que Cangas precisa con urxencia.

P.Que cree que pode aportar esta vez o PP?

Un proxecto para Cangas, feito en Cangas, por e para a xente de Cangas. Un proxecto que recupere o orgullo de ser do pobo máis fermoso do mundo. Non somos ningunha franquicia de ninguén. Un proxecto aberto a todos, independientemente de ideoloxías, un proyecto que apostará por unha Cangas con forza. O futuro de Cangas é o noso reto.

P. É consciente que precisa da maioría absoluta para gobernar ou cree que hai a posibilidade de algún pacto por Cangas?

Por suposto que coñecemos as dificultades. Un pacto con determinadas forzas políticas é imposible, e non pola nosa parte. Nos temas autonomía para decidir, as outras formas non as deixarían. O exemplo o atopamos neste mandato. Prefiriron deixar Cangas á deriva con un goberno con só 3 conselheiros que deixar gobernar á forza máis votada.

P. O preguntaba porque neste mandato que remata as expectativas electorais que tiñan non se cumplieron e se quedaron a tan só sete concelleiros.

Serán os cangueses e canguesas os que decidan democráticamente. Os veciños deberán elixir entre dúas opción: a que representamos nos ou a das outras forzas políticas xuntas. E xa o vimos no desastre destos últimos 8 anos. Gastaron máis que nunca (máis de 130 millóns de euros) e nunca se fixo tan pouco. Alguén pode decir algunha obra de envergadura que se fixera neste tempo? A resposta é ben sinxela: non. Cangas está en estado de abandono.

P.Como se pon solución a ese caos político en Cangas?

Cun equipo forte, con persoas implicadas nun proxecto claro do que queremos para Cangas, proxecto no que se implique a maioría social do pobo. Non sirve facer propostas en campaña electoral que depois xeneran un conflicto de intereses cando se está no goberno.

P. Que contesta aos que din que hai que deixar paso a caras novas na política local?

Totalmente de acordo e así o faremos. O noso equipo será unha mestura de experiencia e xente nova. Un goberno precisa tamén dun mínimo de rodaxe. Á alcaldía dun Concello non se va a aprender. Si fora así se volverían a perder catro anos.

P.Vostede ten a Cangas na cabeza, que proyectos ten para o municipio?

Creo cos grandes proyectos os temos todos en mente: CIS e melloras na atención sanitaria, circunvalación de Cangas, urbanización da avenida de Vigo e Ourense, parque empresarial, dotación de aparcadoiros no centro, melloras que fomenten o turismo de calidad, eliminación dos vertidos e mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), recuperación das naves de Ojea, melloras na accesibilidade e, por suposto, non olvidarse das parroquias e das pequenas cousas do día a día como son o mantemento de vías (fochancas e desbroces), a limpeza e a recollida de liso que hoxe considero son unha demanda xeneralizada.

P.Ten o PP algunha culpa en que non se esté construíndo o Centro Integral de Saúde (CIS)?

Ningunha. Sempre estivemos dispostos a calquer solución con tal de conseguir os terreos precisos para a construcción de esa infraestructura sanitaria. Iso sí, non a calquer prezo. Non sirve non facer nada dende o 2018. Se negaron a afinar un borrador de convenio que non sirve para Cangas e sí para Lalín ou Moaña. E, agora, para disfrazar a incapacidade de xestión veñen con presas canto o tempo xa finalizou. Apostamos por o CIS dende o minuto un e con un goberno serio e responsable Cangas e a comarca do Morrazo contará con esa infraestructura tan precisa neste momento.

P. É responsable o PP de que non se construira a circunvalación?

Ningunha. Nos fomos os promotores de se aprobara por unanimidade e resalto o de unánime. Un acordo cos mesmos co firmaron e depois impediron levalo a cabo. Hai que facer esa pregunta ao goberno. Cal foi a razón para variar o trazado?

P. Que materias ten pendentes a Xunta con Cangas?

Moitas. E espiremos o seu cumplimento. Cangas precisa da máxima implicación das administración, da Xunta, por suposto, pero tamén do goberno central, que mira cara outro lado, ou desa Deputación de Pontevedra e aire fresco que se ciñe só a un Plan Concellos e chea de cartos a Vigo e Pontevedra. Seremos belixerantes con todos. Cangas merece respeto.

P. Cree cos concellos deberían poder decidir máis nos temas de Costas?

Claro que sí. Espero que nos próximos anos se nos teña máis en conta. Non poden decirnos dende un despacho de Madrid o que é bo para o noso pobo. Cangas ten uns pontenciais que temos que explotar. Os nosos 31 quilómetros de costa son o noso futuro.

P. Se Cangas Decide se presente poñerá máis difícil a maioría absoluta?

Sería mentir se non pensara así. Calquera división nos prexudica.

P. Por qué cree co fai se estivo calado catro anos?

Non son adiviño. Esa pregunta non é para mí.

foto.sotelo