O PP PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA A PARALIZACIÓN DO COBRO DOS RECIBOS PENDENTES DE ACCIONA

Os populares queren que se den marcha atrás coa autorización do Concello á empresa para cobre pola vía executiva.

O grupo municipal do PP denunciou publicamente que o goberno tripartito enviou ao ORAL a “relación de deudores” que lle remite a empresa para esixir o pago de atrasos. “O padrón non foi aprobado” sinala o líder dos populares J. Enrique Sotelo, “imos a poñer a disposición dos afectados un modelo de alegación para que fagan valer os seus dereitos” anuncia.

A formación amosa a súa sorpresa polo proceder do tripartito, “non só porque vulnera a legalidad, senón que tamén supón a ruptura do consenso de todos os grupos municipais entorno a este asunto” explican. Pasos pasou de deslixitimar á empresa a ser o seu cobrador o frac” afirma Sotelo.

O certo é que a empresa leva dende o ano 2008 tratando de diversas formas cobrar os supostos recibos pendentes, contando ata agora coa oposición dos sucesivos gobernos locais. Na hemeroteca están as declaración do propio Pazos avisando a Acciona que non podía pasar ao cobro recibos atrasados por depuración “sen base legal” (Faro de Vigo 18/08/15) ou a chamada á insumisión feita no 2008 polo entón concelleiro de Obras e líder dos socialistas Héctor Otero. “O goberno local debe dar explicacións á veciñanza sobre o seu cambio de parecer” rematan os populares.