ÁREA METROPOLITANA SÍ PERO NON ASÍ

Dende o pasado venres ata que remate o bloqueo do alcalde de Vigo ao Transporte Metropolitano haberá unha pancarta na fachada da sede local do PP de Cangas para reinvindicar un Área Metropolitana real e igual para todos os veciños e veciñas. “Pese ao silencio do alcalde de Cangas o señor Pazos, nós seguiremos defendendo que os cangueses non deben pagar demais por culpa da tasa Caballero” recalcan.