SOTELO SE COMPROMETE A DOTAR A DONÓN DUN NOVO DEPÓSITO DE AUGA E DE APARCADOIROS PÚBLICOS

Sotelo continúa coa axenda de contactos con colectivos para recoller demandas e necesidades das diferentes zonas de cara a pechar o programa electoral para as próximas eleccións municipais do 28-M. Nesta ocasión mantivo unha xuntanza acompañado por outros membros da súa candidatura con representantes da AA.VV. de Donón. No encontro o candidato abordou cos presentes a necesidade de mellorar a rúa O Carril (na que se tiña actuado con algunhas melloras na lexislatura 2011-2015), a contrucción dun novo depósito de auga que sirva para garantir o suministro de auga potable, incrementar o número de aparcamentos dispoñibles na aldea (especialmente importante pola gran afluencia de visitantes nos días de bo tempo) así como a mellora no transporte público tanto nesta zona como no conxunto da parroquia do Hío.

donón1