SOTELO ANUNCIA A INTEGRACIÓN DE SERGIO JESÚS IGLESIAS NA CANDIDATURA

Dende o PP recalcan ca incorporación do excandidato de Ciudadanos se fixo sabendo que non continuaba vinculado a esa formación política.

 “Queremos sumar a todas as persoas que queiran traballar por Cangas” destacan.

O Partido Popular de Cangas suma un novo anuncio relacionado coa súa candidatura as vindeiras eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. Nesta ocasión o candidato popular José Enrique Sotelo anunciou a incorporación do excandidato á alcaldía por Ciudadanos Sergio Jesús Iglesias aínda que evitou concretar o posto na lista sí sinalou que será en posto de saída. O líder do PP deu a benvida oficial a Iglesias ao cal agradeceu o dar o paso e unirse ao proxecto que encabeza. “Quero recoñecer públicamente que todo foron facilidades dende o primeiro momento” resaltou. “Dende a nosa formación estamos dispostos a integrar a todas as persoas que queiran sumar e traballar por e para Cangas” engadiu.

Dende o PP de Cangas sinalaron que esta incorporación se realizou a sabendas de que Sergio Jesús Iglesias xa non formaba parte de Ciudadanos en resposta a polémica suscitada por parte da formación naranxa nos últimos días. Unha polémica que consideran “innecesaria”.

Pola súa banda Iglesias recalcou que aceptou o ofrecimento de Sotelo de integrarse a candidatura “para sumar, porque agora mesmo Cangas precisa dun goberno estable que mude as dinámicas das últimas lexislaturas”. “Agradezo o apoio recibido durante todo este tempo de moitos veciños e veciñas e agardo que me apoien máis considerando este proxecto o idóneo para Cangas” rematou.

Visita a exposición

Sotelo tamén visitou a exposición “Historia dunha tradición: A Semana Santa canguesa” na Capela do Hospital. Durante o percorrido estivo acompañado polos impulsores da mesma, o historiador Luis Carnero e a historiadora do arte Inés Costas, dos cales recibiu as explicacións sobre as diferentes pezas expostas así como se abordou sobre as carencias e problemas de conservación e custodia das imaxes e demais pezas históricas e artísticas vencelladas a esta festividade de carácter relixioso. Ao finalizar declarou que “se xa estábamos convencidos, aínda o estamos máis, sobre a necesidade de crear un museo no que se expoñan adecuadamente a riqueza patrimonial, artística e histórica da Semana Santa en Cangas”. “É lamentable a situación actual, coas pezas desiminadas en locais privados que en moitos casos non reúnen as condicións axeitadas” engadiu. Polo que anunciou que a creación do museo será unha das medidas incluidas no programa electoral de cara ao 28-M. 

WhatsApp Image 2023-04-07 at 00.08.51                      WhatsApp Image 2023-04-07 at 00.11.00