SOTELO VISITA DONÓN ACOMPAÑADO POR MEMBROS DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS

O candidato popular continua percorrendo as diferentes parroquias mantendo xuntanzas con colectivos e veciños para coñecer de primeira man as súas demandas.

O alcalde de Cangas José Enrique Sotelo continua coa súa apretada axenda de reunións con colectivos e veciños das diferentes parroquias do municipio. Nesta ocasión o actual rexedor visitou a zona de Donón, na parroquia de O Hío. Sotelo percorreou a zona acompañado por varios membros da asociación de veciños para comprobar in situ o estado de varios camiños e as propostas da veciñanza para futuras actuacións na zona por parte do goberno local.

O candidato popular mantivo posteriormente unha reunión cos veciños acompañado por varios membros da súa candidatura á reelección para facer balance do traballo feito nesta zona da vila ao longo da lexislatura así como informar sobre as últimas novedades como foi a inclusión do xacemento do santuario castrexo de O Facho no plan financiado polo Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra para a súa posta en valor, o que supón un importante revulsivo para a promoción duns dos legares máis emblemáticos de Cangas e un dos seus principais atractivos turísticos.

Esta boa nova súmase as iniciativas levadas a cabo polo actual executivo local encamiñadas a mellorar o entorno da Caracola e os accesos a Cabo Home, así como a declaración de Ben de Interese Cultural por parte da Consellería de Cultura o que supón un mellor finanzamento das tarefas de limpeza e conservación do xacemento arqueolóxico ademais da súa posta en valor.

O dirixente popular e candidato á alcaldía espera continuar nas próximas semanas coa ronda de reunións con diferentes asociacións e colectivos co obxectivo de coñecer as súas inquedanzas e suxestións para telas en conta a hora de configurar o programa electoral dos populares de cara a próxima cita electoral de maio.