ZONA AZUL E PEATONALIZACIÓN DO CASCO VELLO DE CANGAS

A zona azul gratuíta, era una iniciativa tomada polo goberno do Partido Popular a petición dos comerciantes e vendedores da Praza de Abastos co fin de regular o estacionamento no centro de Cangas, permitindo así a rotación dos aparcamentos. Dita medida, buscaba a dinamización, fomento e auxe do comercio local, nuns momentos delicados para o sector do comercio e a hostalería.

Unha vez o actual goberno adopta como primeira medida do mandato a anulación da zona azul gratuíta, levan máis de oito meses falando, estudando e decindo que vai para adiante, pero o certo é que pasan os meses e o único que acontece é que a pintura azul vai perdendo color e do que verdadeiramente importa aos comerciantes de Cangas, nada de nada.

Que en vez de chamala zona azul gratuíta queren poñer un nome diferente (nos é indiferente); queren reubicar algúns aparcamentos (respetable é según criterios). Pero que o activen de inmediato que é o que demandan os comerciantes do centro de Cangas.

Outro tanto ocorre coa peonalización do casco vello de Cangas, anunciada meses atrás e sólo fai falta darse unha volta polas rúas e prazas para ver a realidade. Están dando voltas e o que variou en oito meses é a colocación dunha pedra na parte alta da rúa Valentín Losada (que está xenerando un día sí e outro tamén accidentes de tráfico).

Cangas precisa dun plan de peonalización (un Plan Director) serio e con carácter definitivo, realizando un estudio das necesidades e circulacións, tanto públicas como particulares e sempre co consenso dos veciños, comercios e asociacións.

O gran problema do centro de Cangas son as prazas de estacionamento. A nosa vila necesita uns aparcamentos estables e definitivos . Coas medidas adoptadas polo goberno tripartito estase hipotecando a peonalización do casco vello, basándose nunha política de aparcametos provisionais, que en calquer momento os seus donos poden pechar.

A diferencia entre as medidas que pretende adoptar o equipo de goberno para a peonalización de Cangas e o que xa existe neste momentos é:

– Sustituir os carteis informativos nos accesos na zona peonil por outro máis grandes.

-O sistema de control, mediante unha pegatina no parabrisas, un disco ou outro distintivo.

-De principio (en Semana Santa), restricción cunhas vallas na rúa Méndez Nuñez.

É unha peonalización en precario, sen rigor, pouco seria e sen futuro, se ponen en mans dunhas pegatinas que os coches non circulen ou estacionen no casco vello de Cangas.

 

Rafa Soliño, concelleiro e voceiro do grupo municipal do PP de Cangas.