O PP PIDE UNHA ‘OFICINA VIRTUAL’ PARA FOMENTAR A PARTICIPACIÓN DA VECIÑANZA NOS ASUNTOS MUNICIPAIS

Despois de ler o anuncio de hoxe na prensa, sobre a implantación en Cangas, por parte da Deputación de Pontevedra, dun servizo de administración electrónica que permitirá a cidadanía realizar xestions, tramites ou facer consultas de diversos expedientes sen ter que realizar ningún desprazamento, dende o PP de Cangas  preguntámonos  para cando se creará no noso Concello, unha “oficina” tamén virtual, que sirva de canle real e efectiva, que permita as veciñas e veciños de Cangas manifestar as súas inquedanzas e preocupacións, as súas queixas ou suxestións; un espazo onde se poñan en coñecemento as deficiencias que xurden cada día nas nosas rúas, co fin de que, dende o servizo  correspondiente, se lle dea unha pronta solución.

Quizais así, algúns dos nosos representantes municipais,  teñan unha imaxe máis axustada do que pasa na nosa vila e non busquen escusas simplistas para non afrontar a realidade.

3. Mª Dolores Hermelo Piñeiro. 44 anos. Licenciada en Xeografía e Historia- Titulada en Gestión Empresarial, Ofimática Empresarial e Eficiencia Enerxética. Actualmente traballa na administración e control de obras de instalacións eléctricas e iluminación. Veciña de Darbo.

Dolores Gallego, concelleira do PP de Cangas.