INCUMPRIMENTO DO TEITO DE GASTO NO ORZAMENTO 2015

No mes de maio de este ano se nos presenta A liquidación do orzamento do ano 2015, para a súa consulta é posterior aprobación. Neste documento constaba o incumprimento do teito de gasto en mais de 174.000,00 €. En base a dito incumprimento se contemplaba no informe de intervención que o Concello de Cangas estaba obrigado durante o ano 2016 a presentar para a súa aprobación plenaria un plan de saneamento financeiro que corrixira esta desviación. Tres meses despois non temos coñecemento que se traballase sobre este problema por parte do goberno municipal, descoñecemos si se tomaron algunhas medidas para encamiñar esta obriga. A realidade é que non se levou a pleno ningún documento que teña que ver con dita obriga.

Por todo o anterior, consideramos necesario presentar a seguinte preguntas:

1.- Que medidas se teñen pensado tomar para corrixir o incumprimento do teito de gasto na liquidación do orzamento 2015?

2.- En que se sesión plenaria se presentará o plan de saneamento que corrixa o exceso de gasto realizado irregularmente?