O PP ALERTA DA INOPERANCIA DO CONCELLO EN MATERIA DEPORTIVA

O grupo municipal do Partido Popular denuncia a falta de implicación municipal en materia deportiva en distintas obras  como a non reposición da gaiola do Estadio de Atletismo, vestiarios do Gatañal ou Campo do Alondras.

O concelleiro do Partido Popular de Cangas, Francisco Soliño, alertou hoxe sobre a desidia do responsable municipal en materia deportiva. É lamentable que o actual equipo de goberno non inverta no deporte cangués, afirma.

Soliño pide que se repoña con carácter urxente a gaiola das Pistas de Atletismo onde actualmente se practica o tiro de martelo e xavelina sen ningún tipo de protección co conseguinte risco para o resto de atletas que utilizan as instalacións do Estadio. Despois de 6 meses da caída deste elemento, a día de hoxe nin se arraxou nin se dispuxo dunha nova onde poder practicar con seguridade esta disciplina deportiva. Enganáronnos cando nos dicían que ían traer unha nova gaiola para substituír á destartalada estrutura, afirma Soliño.

O Concelleiro popular lamentou tamén que obras como os vestiarios do Pavillón do Gatañal se atopen sen rematar case ano e medio despois de entrar no Concello. Unha obra que o PP empezou a petición do Balonmán,  acorde coas necesidades deste club e que foi moi demandada no seu momento, se atopen inutilizados.

Na mesma liña se están as obras do Campo do Alondras, asegura Soliño, que parecen as obras do Escorial,ironiza,  e asegura  que de seguir así non estarán concluídas para o inicio da Liga, prexudicando significativamente ao Club.

Dende o Partido Popular denunciamos a política errática que están a tomar desde o Concello, incapaz de rematar obras de melloras nas instalacións deportivas iniciadas noutras lexislaturas a causa da pasividade do actual equipo de Goberno quen farán languidecer estas instalacións municipais por pura deixadez.