SOTELO PROMOVE UN ACORDO CON A NAVIEIRA MAR DE ONS PARA A GRATUIDADE DO TRANSPORTE DE BICICLETAS

11053547_1447892958841835_599320685504189794_o

Esta fin de semana o candidato do PP de Cangas a reelección como alcalde José Enrique Sotelo utilizou por primeira vez a súa tarxeta metropolitana para viaxar en barco a Vigo. O dirigente popular realizou este xesto tras conseguir que a Navieira Mar de Ons accedese á súa petición de que este servizo siga sendo gratuíto. Grazas a este acordo as persoas que utilicen a Tarxeta Metropolitana de Galicia de forma habitual (máis de dez viaxes ao mes), non terán que pagar unha tarifa adicional no transporte das súas bicicletas no barco.

O prezo da tarxeta metropolitana é de dous euros e funciona como tarxeta moedeiro. Adquírese nas oficinas de Abanca e debe recargarse nas oficinas ou caixeiros sen necesidade de ter unha conta asociada. Os usuarios que a utilicen contan con descontos medios do 50% nas viaxes metropolitanas. Ademais, os viaxeiros habituais que realicen máis de 40 viaxes ao mes terán unha bonificación adicional do 15% e os membros de familia numerosa obterán descontos de entre o 20% (categoría normal) e o 50% (familia numerosa especial).