SOTELO RESPONDE A PAZOS E AS SÚAS MENTIRAS
Unha vez máis e moito nos tememos que non será a última, un goberno de mentira pretende con medias verdades e moitas mentiras disfrazar a súa incapacidade e sectarismo demostrada xa con creces nos pouco máis de 2 meses e medio de goberno .Considero debemos aclarar unha serie de cuestións:
1º O sr. Pazos e Cía remórdelles a conciencia co ciclo da auga. Lóxico. Sabe que foi con este e con outros temas “un vulgar estafador político”. Onde está a municipalización? Agora non pode, “a culpa é do PP” . Se tanto lles preocupa o canon que o devolvan , tiñan cartos de sobra para facelo .Quedaronlle 1.586.000 € .
A pesar dos brilantes asesores non se enterou de que o canon da auga como outros ingresos non son finalistas (Si se enterou pero como bo titiriteiro prefire mentir e usar a demagoxia xa coñocida) e adicanse a pagar facturas. As que por orde de entrada están na Tesourería , tamén da Volta , da selección, das obras, da S. Social, das nóminas ou tamén de Sogama. O goberno do PP pagou a todo o mundo sen mirar a quen. Mesmo os pufos que o Sr. Pazos e Cía deixaron incluso aos seus colegas.
O único que pretende é desvirtuar que foi o Sr.Pazos quen aprobou por resolución o padrón da auga que o PP devolveu . Por certo resolución que segundo o Sr.Pazos meses antes era irregular. Esta é a moralidade do Sr. Pazos . Dicir unha cousa e facer a contraria .
Non era finalista e polo tanto no había a obriga de adicar eses cartos en obras de saneamento e abastecemento que para elas quedaroonlle 3.5 m. de €. O PP non fixo como eles, porque son os mesmos que estiveron entre o 2007-11, cobraron as subvencións do PEPRI e adicaronas a pagar nóminas. Ata o mes de maio deixamos todo pago . Non quedou ningunha factura no caixón. Non atoparan como atopamos nos, 17 millóns en pufos e 3.5 millóns de euros en facturas no caixón .
2º O PP gañou as eleccións. Cangas está gobernada pola suma de perdedores. As explicacións ao pobo de Cangas ao cal estafaron políticamente debe dalas o Sr. Pazos. Asinouse un contrato por 25 anos, pero é falso que sexa o prazo máximo legal . É o que fixaron os técnicos para poder acometer as obras imprescindibles que necesita Cangas, podían ser como noutros sitios que por casualidade gobernan seus acólitos 40 anos. Como están ben asesorados e gracias a súa brilante capacidade de xestión , non dubido de que ademais de municipaliazar o servizo conseguiran reducir o mesmo tempo que reducen as inversións o tempo do contrato . A hipoteca para Cangas é este goberno froito dunha vulgar estafa política.
3º O anterior goberno do PP non fixo ningunha operación de crédito que non foran as do decreto de acreedores para pagar os pufos que deixaron a tódalas empresas que traballaron para o Concello de Cangas desde o 2007 o 2011, moitas de Cangas. Se eliminamos 4 operacións de tesourería que sistemáticamente de forma irregular renovaban.
4º O dos asesores, resulta curioso que a pesar do suposto acercamento a cidadanía do Concello, o coto privado é dos mesmos persoeiros con un amplo e recoñocido prestixio. É ilegal que manipulen persoas da rúa expedientes, excepto na república bolivariana de Cangas , onde os actuais responsables pretenden que os cidadáns cerren os seus ollos. Non o vamos a permitir
Para rematar dicir que o Concello de Cangas en xuño do 2015 era un concello solvente e viable que pagaba o que debía, cumpría con tódalas suas obrigas, e o ratio que demostra esto é que segundo datos do Ministerio de Facenda pagaba os seus acreedores en – 5,4 días . Xa veremos por canto tempo
Porqué non din que en obras deixamos maís de 5 M. de € en fase de ejecución ?
Esta é, gustelles ou non a herencia do PP : Un Concello solvente que pagaba e con obras para resolver os problemas dos veciños .
Agora temos un goberno que é froito dunha estafa política , suma dos que perderon as eleccións e que funciona a golpe de mentira .
J.E. Sotelo