O PARTIDO POPULAR ACUSA DE DESIDIA Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Os populares critican o abandono por parte do Ente provincial tanto do Patrimonio cultural e artístico como das estradas provinciais e colectivos sociais de Cangas.

Os voceiros provinciais do PP, Nidia Arévalo e Ángel Moldes xunto co deputado provincial José Enrique Sotelo, e os concelleiros do grupo municipal do PP Dolores Gallego e Rafeal Soliño, quixeron facer pública, mediante unha rolda de prensa celebrada hoxe na sede local do PP de Cangas, a situación de abandono das vías de titularidade provincial, do patrimonio artístico-cultural e dos colectivos sociais de Cangas,  situación que se repite nos últimos meses nos diferentes concellos da provincia de Pontevedra, apuntan.

A deputada provincial e voceira do grupo na Deputación interveu en primeiro lugar para deixar constancia da actual inoperancia do parque de maquinaria provincial a causa política decisións dos goberno provincial.

A visita de hoxe sírvelles para constatar a situación de abandono que vive un concello como Cangas pioneiro no sector do Turismo.

Abandono que se reflicte no mantemento das estradas provinciais nas que puideron comprobar a grande proliferación de maleza, no trato lamentable a os colectivos de axuda ás persoas con maiores necesidades, e concreta que o goberno bipartito provincial cargouse máis de 1 millón de euros destinados a uns 44 colectivos de toda a Provincia, todos eles sen ánimo de lucro, cunha labor encomiable como é o apoio a persoas máis desfavorecidas, sen recursos ou persoas con algún grao de discapacidade física ou psíquica, e dentro deses colectivos tamén se engloba o Comedor Social de Cangas, a quen se lle retiróu unha achega anual de 6000 euros que percibía con carácter nominativa por parte do ente provincial e que este goberno bipartito se cargou, asegura a voceira popular que o grupo provincial do Partido Popular leva tempo esixindo que estas iniciativas se restitúan.

Do mesmo modo arremete contra a Deputación provincial polo mal estado de O Facho, das escavacións arqueolóxicas deste enclave importantísimo para a  Provincia que sufre tamén a desidia dun goberno que non se preocupa en materializar un convenio xa existente entre a Deputación e Ministerio de Fomento para poñer en valor esta zona.

O grupo provincial do Partido Popular seguirá nesta liña de traballo, visitando os concellos da Provincia, os seus concelleiros e colectivos requiran o noso esforzo como grupo da oposición para que o traballo feito durante todos estes anos non quede tirado pola borda, conclúe a deputada provincial.

No turno de palabra intervén o tamén deputado e voceiro provincial, Angel Moldes, quen incidiu que coa política desta nova Deputación a Comarca do Morrazo en xeral e Cangas en particular perden, e convida a os veciños e veciñas deste Concello a que valoren a realidade. Cangas neste momento carece de obras provenientes da Deputación, salvo as xa comprometidas polo goberno anterior, sinala.

Para rematar a rolda de intervencións o tamén deputado provincial e voceiro do grupo municipal do Partido Popular, José Enrique Sotelo, comeza o seu turno falando daquel “aire fresco” ao que facía alusión o novo goberno provincial na súa investidura e que neste momento cualifica Sotelo de “aire tóxico”, porque despois de preto de ano e medio desa toma de posesión a parálise da Deputación en materia de estradas, entre outras, é total.

Todas as estradas provinciais desbordan de maleza en plena época estival, e recalca que nunca estiveron como agora. A estrada de Coiro atópase bacheada pero sen pintar, o vial de “O Viso-Igrexario” que a propia Presidenta da Deputación anunciara, nunha visita ao Concello, que as obras comezarían en 2015 para quedar rematadas no 2016, nada se sabe.

O Deputado provincial tamén dirixiu as súas críticas ás demoras na execución das obras do campo de fútbol do Alondras ou do abandono das escavacións arqueolóxicas do Monte de O Facho que nestes momentos se atopa nun estado lamentable, así como a falta de inversións no Casco Vello tralos máis de 2 millóns investidos polo anterior goberno provincial.

20160811_175010