XUNTANZA ABERTA AOS VECIÑ@S NA CASA DO MAR DE ALDÁN

 

Sotelo, acompañado por varios membros do grupo municipal, analizou os principais asuntos de interese a nivel local como a piscina municipal, a xestión das bandeiras azuis ou a situación das xestións coa concesionaria do servizo da auga.

Os veciñ@s tamén comentaron que houbo vertidos no río Orxás nos últimos días, os problemas co servizo de Correos ou a falta de limpeza de camiños na zona de Menduíña entre outros asuntos.

Sotelo, voceiro do grupo municipal, abriu a reunión analizando os principais asuntos de interese municipal: a xestión das praias e o izado das bandeiras azuis, o peche e próxima reapertura da piscina municipal ou o servizo da auga entre outros asuntos. O edil popular tamén sinalou que os concelleiros xa están traballando na presentación de moción para o próximo pleno municipal que previsiblemente abordaran estes asuntos. Pola súa banda, os veciñ@s denunciaron vertidos no río Orxás, a falta de limpeza en algúns camiños de Menduiña e os problemas co servizo de Correos.

O Partido Popular inicia así o seu programa de reunións nas diferentes parroquias co obxectivo de achegar a actividade do grupo municipal a tod@s os veciñ@s así como para coñecer de primeira man as necesidades e os problemas nas diferentes zonas do concello.