O PP RECRIMINA AO TRIPARTITO NON REDUCIR O TIPO DO IBI ANTE O INCREMENTO DA RECAUDACIÓN

O líder do PP de Cangas afirma que o goberno local non tivo a voluntade de rebaixar o impacto da regularización catastral. O informe do servizo de Intervención sinala que o programa económico incumpre o Plan de Axuste.

O grupo municipal do Partido Popular denuncia que os orzamentos do 2017 que presenta o tripartito de Cangas consuman a gran estafa dun goberno que fai o contrario do que di, unha incoherencia total no que califican como o reparto do botín e onde se pon de manifesto a aposta pola privatización dos servizos, moi ao contrario do que predicaban os seus membros na campaña electoral. Como exemplo citan a recente contratación dunha empresa externa para a limpieza no carnaval de O Hío.

Afirma o portavoz do PP José Enrique Sotelo, que 2016 foi o año do saqueo a través das tasas da agua e do catastrazo. O exalcalde de Cangas repara no que no ano 2015 a previsión da recaudación foi de 2.951.198 euros e no 2017 é de 4,5 millones de euros. Sotelo recrimina ao goberno tripartito que non negociara coa Dirección General do Catastro para rebaixar o tipo impositivo do IBI, alegando aumento na recaudación, como xa fixo él no año 2014. O popular asegura que en marzo comezarán a chegar as 2.000 regularizaciones catastrais e o goberno xa non poderá excusarse en que a culpa é do Partido Popular. “¿Qué fixo ese amigo ao que contrataron e pagan 2.100 euros ao mes para presentar alegaciones no Catastro? ¿Qué lle dirán aos veciños? ¿Os sacarán esta vez á rúa?” Sotelo afirma que non houbo voluntade algunha do goberno municipal de reducir o impacto da regularización catastral con unha baixada do tipo impositivo do IBI. “Ao final, todo o que cae na rede é peixe”.

Tamén fai mención Sotelo ao sorprendente aumento que hai na recadación do Impuesto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM). Por este concepto, no ano 2016 o Concello de Cangas recaudou a cantidade de 1.262.000 euros e no 2017 o goberno prevé reunir 1.416.000 euros pese a que hai unha rebaixa nun tramo do imposto de 8 euros. O edil recela deste incremento xa que non está xustificado que o parque automovilístico do Concello de Cangas crecera tanto como para que aumente a recaudación en 200.000 euros.

El líder do PP cangués tamén repara nos gastos correntes onde aparece unha previsión de gasto de un millón de euros máis que en 2015, cuando esta partida alcanzaba os 2.951.000 e agora se sitúa nos 3.980.000 euros. Lembra, ademais, que os gastos de Sogama agora non se inclúen nesta partida. No que se refire a Inversións, Sotelo sinala que as poucas que se realizan con fondos propios e que están nombradas forman parte do plan de inversións que ten que realizar a UTE que xestiona o ciclo integral da agua de Cangas. “Qué pasa, renunciaron a estas obras?” pregunta. En total as inversións recollidas suponen 32 euros por veciño.

O Partido Popular saca a relucir tambén o informe de Intervención, que non favorece ao goberno tripartito xa que mantén que os ingresos previstos nos orzamentos están por encima das proxeccións contidas no Plan de Axuste, “polo que formalmente non cumpre”, sinalando o mesmo co respecto os gastos.

Sotelo volveu a denunciar o retraso do goberno en presentar á oposición os orzamentos para este ano. Afirma que recibieron a documentación ás 13 horas e 42 minutos do vernes. Por outra banda as declaracións do concelleiro de Facenda Mariano Abalo de que aínda había unha reunión pendente que podía alterar algunha cifra, aínda xeneran máis confusión.

Sotelo nunha rolda de prensa na sede da Deputación de Pontevedra.

José Enrique Sotelo, pte. do PP de Cangas