O PP DENUNCIA QUE A LANCHA DE RODEIRA ESTÁ NAVEGANDO SEN PAPEIS

Dende a formación acusan ao goberno local de estar ao corrente: “a embarcación non pode navegar a falta da documentación definitiva por non aboar a tasas administrati- vas” afirman.

“Novo capítulo do que parece o culebrón do verán. Primeiro foron os patróns sen lanchas, despois lograron poñer operativa a lancha de socorrismo con base na praia de Rodeira (non tivo a mesma sorte a de Aldán) e agora resulta que os permisos temporais da lancha Salvacangas Dous caducaron o pasado día 5 de setembro e non teñen os definitivos por non pa- gar as tasas administrativas” relatan dende o grupo municipal do Partido Popular de Cangas. “É un escándalo, están utilizando unha embarcación de forma irregular!” afirman. Dende este grupo se leva denunciando de fai semanas as irregularidades no funcionamento do servizo deste ano, “o señor Pazos é o responsable de que hoxe en Cangas teñamos me- nos seguridade nas nosas praias” sinalan a vez que recordan ca vila pasou de contar con 10 praias con este servizo a 7 e mesmo algunha destas praias non tivo operativo o servizo ao longo de todo o verán. “É gravísimo, estamos falando da segurida das persoas” recalcan.

Os populares xa agardan as explicacións do goberno local, “o ben mentirán decindo que non sabían nada ou dirán que se pode navegar sen ter a documentación en regra a bordo” declaran, “o que está claro e que ninguén asumirá a responsabilidade desta chapuza” engaden.

Solicitud de información

Dende o grupo político anuncian a próxima presentación por rexistro dunha batería de preguntas relacionadas cos traballos de mantemento e conservación dos areais municipais e os seu entorno, “imos solicitar os informes das inspeccións de Adeac así como as actuacións que se están a levar a cabo no paseo marítimo de Rodeira no que recentemente unha veciña sufriu unha caída polo estado das tablas de madeira”. “No pleno todo o resolven decindo que xa están traballando en iso ou no outro pero a realidade e tozuda e o certo e que non fixeron nada” continúan, “e parece que ao señor alcalde lle molesta que a xente proteste, pois que se poña a traballar, agora que xa ten un soldo que a veciñanza seguro co agradecerá” rematan.