SOLIÑO DESMONTA CON PAPEIS AS MENTIRAS DE PAZOS E CÍA.

2. Rafael Soliño Costas. 43 anos. Arquitecto Técnico pola UDC. Actualmente exerce de arquitecto técnico. Veciño de Cangas.

O edil popular Rafa Soliño presentou a certificación plenaria e outro documento que foron remetidos ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño en maio do 2013 solicitando a desafección da zona dos Xardíns do Sinal – Ojea.

A mentira ten as pernas moi curtas como demostrou unha vez máis o Partido Popular por medio do seu concelleiro Rafa Soliño saíndo ao quite sobre as declaracións verquidas polo actual edil de Urbanismo do goberno tripartito Mariano Abalo. Soliño non só demostrou a falsedade das afirmacións senón que resaltou a diferentes xestións realizadas polo anterior goberno popular chegando o anterior alcalde José Enrique Sotelo a desprazarse a Madrid para manter unha xuntanza co Director Xeral de Costas Pablo Saavedra na que se abordaron entre outros asuntos a desafección dos Xardíns do Sinal- Ojea, o paseo da praia dos Alemáns ou o paseo de Vilariño.

A esta reunión hai que sumar a certificación plenaria remetida ao Ministerio de Medio Ambiente o 2 de maio do 2013 na que se explica textualmente: “Por medio del presente escrito remíteselle acordo adoptado polo Concello Pleno en sesión realizada en da 25 d abril do ano que andamos, relativo a solicitude de desafectación de terreno na zona dos Xardíns do Senal-Ojea”. A este escrito engádese outro enviado o día 9 do mesmo mes: “Por medio do presente escrito remíteselle plano de desafectación para anexar ó acordo adoptado polo Concello pleno en sesión realizada en data de 25 de abril do ano que andamos, elativo a solicitude de desafectación de terrenos na zona dos Xardíns do Señal-Ojea, que xa foi remitido a ese organismo”.

Deste xeito queda demostrado que os actuais membros do goberno local nin se molestaron en consultar a documentación existente no propio Concello de Cangas antes de lanzar acusacións falsas. “Se tuveran a delicadeza de preguntar lles explicaría o que se fixo e o que está pendente, pero hai persoas que confunden o Concello co teatro” afirma Soliño . “O actual goberno, moita lingua e pouca bisagra. Todo isto é unha mostra máis de que o actual goberno leva un mes de demagoxia e incompetencia. Moitos titulares e poucos resultados. Con estes documentos se demostra que Pazos é un mentiroso ou Paz Curbera ten problemas de amnesia ou ambos ao mesmo tempo” remata.