O BIPARTITO DA AS COSTAS AO DEPORTE CANGUÉS

O bipartito amosa a súa incompetencia e falta de xestión mantendo en estado de abandono as instalacións deportivas municpais sen apenas mantemento e deixando a piscina municipal nun estado de funcionamento precario e de provisionalidade perpetua.

O deporte cangués non queda a marxe do caos instalado en Cangas polo bipartito cun concelleiro da área incapaz de plantexar solucións e axudar aos clubes nun contexto especialmente crítico. Os exemplos van dendo o máis símbólico como a cancelación da Gala do Deporte ante de que se falara de pandemia sen causa aparente e coa promesa de reinvertir os cartos do evento en axudas depotivas, algo que nunca aconteceu. A este temos que sumar outros máis graves como o estado de abandono que presenta a piscina municipal A Balea, cunha empresa concesionaria traballando en precario cun contrato vencido (vai polo camiño de levar máis tempo traballando sen contrato que co contrato en vigor), asunto reiteradamente denunciado publicamente polo noso grupo municipal e polos propios técnicos do concello. Esto está a producir unha situación especialmente gravosa para as arcas municipais así como a falta de inversión por parte da concesionaria, dando como resultado o deterioro progresivo das instalacións e a fuxida de usuarios poñendo en serias dudas a viabilidade económica dun espazo deportivo de referencia mentres seguen, 5 anos despois, discutindo de cara á galería sobre municipala ou non municipalizala. Tamén temos que falar do constante deterioro do resto das instalacións deportivas municipais, cun abanono neste sentido absoluto por parte da Deputación de Pontevedra, co silencio cómplice dos actuais responsables municipais, difucultando aínda máis a labor dos clubes usuarios das mesmas.

O pasotismo e desprezo deste goberno cara o deporte non ten límites. Se cargan todo o que tocan. Iso foi o Programa de Deporte Escolar, referencia na comarca con preto dun milleiro de nenos e nenas participantes. Primeiro enredando se devolver os cartos as familias que miraron suspendida  a actividade o pasado curso e logo cunha falta de traballo absoluto para adaptar a iniciativa deportiva ás actuais circunstancias, xerando problemas en vez de solucións deixando absolutamente sós aos clubes na elaboracións e posta en marcha dunha oferta deportivo á mocidade canguesa. Qué pasou cos cartos aforrados pola cancelación dos eventos deportivos pola pandemia? Cos cartos da Gala do Deporte? Seguen sen entender co deporte é saúde. É calidade de vida. Cangas é deporte. Tal vez por iso o goberno de Cangas leva 5 anos dando as costas ao noso deporte.