O PP RECLAMA A PAZOS ‘MENOS CRITICAR Á XUNTA E MÁIS XESTIÓN ́

AXUDASHOSTALERIA

Dende a formación destacan que Cangas é tras Vigo o municipio con máis axudas tramitadas á hostalaría (293) que suman 474.875 euros. “Mentres tanto o señor Pazos e o seu goberno quedaron sós votando en contra da supresión das tasas a este sector” lembran.

“É unha mágoa co señor Pazos gaste máis tempo en facer oposición á Xunta de Galicia que a xestionar o propio concello” reflexionan dende Partido Popular de Cangas. “É curioso canto menos que sempre poña na diana das súas queixas ao goberno autonómico e non diga nada da cuestionable xestión da pandemia do goberno central, da falta de vacinas, dos cambios de criterio e da falta de axudas públicas ao sectores máis afectados” afirman. “Que non esqueza que a súa formación forma parte do goberno de España así que se quere recibir fondos europeos non ten máis que falar coa súa amiga e ministra Yolanda Díaz” ironizan. “O que pasa e que vendo a falta de xestión do señor alcalde e o seu equipo de go- berno, perdendo subvencións, con licitacións fracasadas, contratos vencidos, reparos con- tantes de intervención á política de gasto e a opacidade coa que gobernan dubidamos moito que eses fondo tiveran un bo uso nas súas mans” engaden. “Non hai máis que ver o abandono que presentan os espazos públicos, parques, viais municipais intransitables con beirarrúas invadidas pola maleza para comprobar o desgoberno ao que está sometido Cangas. Para que logo veña dando leccións a outras administracións! Menos politiqueo e máis traballo!” reclaman.

“O certo é que a Xunta de Galicia é a única administración que está plantexando solucións poñendo cartos enriba da mesa. Sen ir máis lonxe o goberno autonómico aprobou 293 solicitudes de axuda ao sector da hostalería que suma 474.875 euros mentres o señor Pazos e o seu goberno votaba en contra a nosa moción de apoio ao sector que saiu adiante co apoio do resto dos grupos políticos e que recollía a eliminación do cobro das tasas das terrazas ao sector, un dos grandes perxudicados por esta crise” argumentan. “O bipartito é un caso anodino de pasividade e inacción incluso entre os concellos da nosa contorna” continúan. “Gastan máis que nunca para facer menos que nunca e logo queren dar clases de xestión. Menos buscar a foto e o titular e máis traballo señor Pazos. A veciñanza seguro co agrade- cerá” rematan.