O PP APOSTA POR FACER DAS CABINAS TELEFÓNICAS PUNTOS DE INFORMACIÓN CIDADÁ

Dende a formación recordan que se espera a súa eliminación nun futuro próximo. Propoñen seguir a estela doutros municipios reconvertindo as vellas cabinas en puntos intelixentes de información, de recarga móvil e de acceso a rede wifi.

Os cambios tecnolóxicos das últimas ocasionaron moitos cambios na vida de xente. As an- tigas cabinas telefónicas que no pasado supuseron un auténtico avance facilitando a comunicación ata nos punto máis apartados do territorio nacional quedaron baleiras coa chegada dos dispositivos móviles ao conxunto da poboación. Na actualidad forman parte do patrimonio urbano das municipios como un vello recordo doutros e como imporvisados soportes publicitarios para colgar anuncios de todo tipo.

Dende o grupo municipal do Partido Popular de Cangas propoñen darlles unha segunda vida e convertilos en puntos intelixentes de información cidadá “operativa ás 24h onde a veciñanza teña acceso a información de todo tipo (turístíca, cultural, deportiva, eventos en intalacións municipais,…) así como facilitar puntos de recarga para os dispositivos móviles e de acceso a rede wifi municipal” explican. Os populares sinalan que Cangas conta con cabinas nas zonas de Pedra Alta, Alameda Vella, entorno da Igrexa de Cangas, avda. Euge- nio Sequeiros ou na avenida Méndez Núñez, “lugares excelentes onde establecer puntos de información turística grazas a cal se poda orientar o visitante que chega por barco o que visita por primeira vez a nosa vila con información do entorno, lugares onde comer ou donde realizar actividades a través dunha pantalla dixital”. “Sería seguir a este doutros municipios doutros puntos de España que levan traballando neste mesmo sentido” conti- núan. Dende a formación explican que as cabinas están vivindo seus últimos días como parte da paisaxe urbana “o Tribunal Supremo sentenciou no ano 2020 que Telefónica xa non tiña a obriga de mantelas e está previsto que o goberno incluya na nova Ley Xeral de Telecomunicacións a súa supresión ante a falta de uso e rendabilidade económica” explican. “É unha mágoa que desaparezan cando formaron parte da nosa vida e historia recente” reflexionan. Por iso apostan por adaptalas ao século XXI, “a maioría están situadas en puntos estratéxicos en pleno centro e poderían incluso xerar ingresos como paneis publicitarios contribuíndo a sufragar o seu mantemento” engaden. “O que está claro é que a peor opción e deixar que se vaian degradando co tempo sendo un foco mesmo de suciedade e residuos” rematan.