O PP ACUSA AO GOBERNO LOCAL DE “CAOS” NAS PRAIAS ESTE VERÁN

Os populares anuncian unha batería de preguntas: “queremos saber si se cumpriu o acordo plenario sobre as praias sen fume ou sobre o regulamento das praias caninas” explican.

O Partido Popular de Cangas fai un balance ben distinto sobre a xestión das praias esta tempada de verán, “fronte o triunfalismo do goberno”. A formación amósase moi crítica co que consideran unha degradación prolongada dos areais da vila nos últimos anos, “como amosan a reducción de servizos como o de socorrismo, no que se fixo desaparecer as embarcacións de rescate (a pesar de que establece o contrario a propia ordenanza municipal en vigor), ou a reiterada pesenza de verquidos por citar algúns que sen dúbida afecta gravemente a seguridade dos milleiros usuarios e usuarias” explican. Sobre este último asunto fan especial enfase, “cada ano son máis reiterados e graves e afectan a maiores áreas sen co goberno tome ningún tipo de acción para revertir esta situación a pesar das denuncias da veciñanza e o noso grupo político, a qué agardan?” cuestionan. Dende o grupo municipal tamén denuncian a falta de accesibilidade “a pesar das fotos e dos anuncios en prensa”. “Trátase dunha mostra máis da falta de traballo e de rigor do goberniño que ten Cangas incapaz de gobernar, máis ocupado por repartir soldiños que velar polo interese da veciñanza”. “Comezamos o verán co escándalo medio ambiental de Rodeira que liquidou a metade do xa de por sí escaso equipo de goberno e como di o refrán, o que mal empeza, mal acaba” reflexionan.

Mocións

“Pese a que van de asamblearios o certo e que incumpren sistemáticamente os acordos plenarios, mesmo os aprobados por unanimidade” afirman, polo que anuncian unha batería de preguntas para saber que se fixo sobre o acordo que establecía a declaración progresiva de praias sen fume na vila así como onde se recolle na normativa municipal o establecemento de praias caninas. “Sabemos que ata o ano 2020 foron declaradas praias sen fume Melide, Barra e Nerga, do 2021 nada se sabe” sinalan. “Sobre a praia canina no areal da Cunchiña no que mesmo hai un cartel pero a realidade é que non está reflectido na ordenanza municipal en vigor”. “Trátase de aspectos normativos básicos, que non implica gasto pero que reflicten claramente a falta de traballo do goberno local e o caos que impera en todas as áreas tendo como principiais perxudicados a toda a veciñanza” rematan.