SUBIDA TRIPARTITA NO RECIBO DA AUGA

Están a chegar os recibos do primeiro trimestre de 2017 do Servizo de abastecemento e saneamento de augas. No final de ano pasado o goberno actual levou á aprobación unha proposta de modificación da ordenanza fiscal da auga.

Dita proposta non fora acordada coa empresa concesionaria, senón que estableceron os nosos gobernantes as tarifas que eles quixeron para o ano 2017, cun mini informe dunha empresa de augas da Coruña. Cal é a sorpresa que as persoas que so pagaban por saneamento e non teñen conexión da auga pagaban ata o 4º trimestre de 2016 9,93 euros e agora pasan a pagar 16,62 euros; unha suba de mais do 67%.

Xa sabemos que intentarán botarlle a culpa ao goberno anterior, pero temos que deixar claro que estas tarifas aprobounas o novo goberno en decembro do ano pasado, sen negociar con ninguén, establecéronas así porque eles quixeron, xa que non acordaron nada nin coa oposición nin coa empresa concesionaria. Xa levan dous anos gobernando e deben empezar a responder polos seus actos. A facturar toca.