CONTINÚA O ESPOLIO TRIPARTITO

Os cangueses teñen que sumar ao catastrazo e aos recibos do IVTM o novo recibo da auga coa nova tarifa que recolle un subida extra para a maioría dos veciños.

O tripartito rexeitou no último pleno a proposta do PP de baixar o IBI aproveitando os ingresos extras do catastrazo. “Xa están a amosar a súa auténtica faciana. Só lles importa facer caixa” resaltan.

O malestar entra veciñanza de Cangas está crecendo nas últimas semanas. Despois de estar pagan- do casi mensulamente os recibos da auga e despois do catastrazo que a moitos lles pillou por sor- presa agora teñen que sumar os recibos do IVTM (Rodaxe) e o novo recibo da auga coa nova tarifa que presenta subidas para moitos dos veciños que se preguntan onde queda a promesa de municipa- lizar este servizo.

“O certo é que dende a chegada do tripartito ao goberno os veciños e veciñas de Cangas non paran de pagar todos os meses algún recibo relacionado co Concello” afirman dende o PP de Cangas. “Moito falaban de espolio na oposición pero dende que chegaron ao goberno a cousa cambiou moi- to” continúan. A formación presentou no último pleno unha proposta de baixar o imposto do IBI dende o 0,55% actual ao 0,50% aproveitando os ingresos extran que están entrando nas arcas mu- nicipais a través de regularización catastral. Os populares lembran que na lexislatura pasada xa fi- xeron unha rebaixa do 0,60% ao 0,55%. “Non pedimos outra cousa distinta a que se faga o mesmo agora xa que a situación económica o permite” recalcan. Sen embargo a proposta encontrou a opo- sición frontal do actual equipo de goberno polo que non puido sair adiante. “Iso é o que lle impor- tan os veciños e veciñas aos actuais gobernantes de Cangas” afirman. “De cara a galería renegan pero por detrás siguen poñendo o cazo e facendo caixa a costa de toda a veciñanza de Cangas” re- matan.