INTERVENCIÓN DA A RAZÓN AO PARTIDO POPULAR SOBRE O CANON DO CILCLO DA AUGA

En primeiro lugar queremos manifestar de forma enérxica a nosa crítica co goberno de Cangas, ó ter solicitado un informe dende fai máis dun mes e se nos faga entrega con posterioridade a comunicarllo a medios comunicación. A lexislación vixente está para cumprila e non ignorar os dereitos de este grupo municipal por parte do goberno de Cangas, aínda que non se pode esperar algo distinto dun alcalde bufón que na oposición solicitaba de forma continua que se coidasen as formas e os dereitos dos grupos da oposición e na primeira de cambio, non fai outra cousa de desprezar, ningunear e intentar humillar á oposición.

En canto o contido do informe de intervención, nos si que podemos dicir que ese informe nos da a razón. En primeiro lugar non existe ningún informe negativo de ningunha das facturas que foron pagadas cos 800.000 €, nin tampouco ningún reparo contra as mesmas. En segundo lugar temos que aclarar que esa partida de ingreso non era finalista, é dicir que máis do 95% dos mesmos foi destinado a rebaixar o remanente de tesourería negativo que outros crearon por encima dos 17 millóns de euros, e agora se atopa por debaixo do millón de euros coas consecuencias mais que positivas para este concello; o problema e que o goberno actual non pensa que sanear as contas do concello sexa un obxectivo fundamental para o día a día do mesmo.

 

Decir que segundo a súa teoría non se poderían facer as inversións tan necesarias que se fixeron en Cangas, xa que a inicio de ano estas inversións non tiñan orzamento e as partidas de ingresos chegaban a mediados de ano, falen vostedes de partidas sen consignación a 31 de decembro, xa que antes non estan pechados os créditos definitivos  tanto de ingresos como de gastos. Un orzamento é un previsión de ingresos e gastos, se durante o ano entran máis ingresos se poden aumentar as partidas de gasto.

Se tan mal lle parece que se baixara o remanente de tesourería e se fixeran fronte a compromisos de gasto corrente e inversións, vostedes puideron devolver os 800.000,00 €, xa que lle deixamos unha liquidez de máis de 1,5 millóns de euros, conseguindo así que se cambie a tendencia de rebaixar o remanente negativo, que debe ser o que queren vostedes.

A realidade e a que é, un informe onde non aparece ningunha factura informada de forma negativa nin con reparos, un informe que pon de manifesto que se rebaixa o remanente de tesourería negativo que é o obxectivo fundamental para a estabilidade de este concello. Por estes feitos decimos que este informe si que nos da a razón a nóPíoMilláns, ó grupo municipal do Partido Popular.

 

Pío Millán- Concelleiro do Partido Popular.

 

IMG_6360