O PP RECLAMA ACTUACIÓNS URXENTES NO ESTADIO MUNICIPAL DE ATLETISMO

A formación alerta sobre o estado das instalacións, con vestiarios polos que entra auga, teitos que presentan importantes danos pola humidade que mesma ameaza a seguridade dos usuarios. “O proceso de deterioro desta instalación cada vez é máis veloz. Esiximos co bipartito tome medidas xa!” reclaman.

O deporte cangués non queda a marxe do caos instalado en Cangas polo bipartito cun concelleiro da área incapaz de plantexar solucións e axudar aos clubes nun contexto especialmente crítico como o actual. Para os populares os exemplos son númerosos sendo especialmente grave o estado de abandono do Estadio Municipal de Atletismo “cun pavimento sen renovar aínda pese as promesas incumpridas por parte do goberno local, un ximnasio inoperartivo cheo de humidade e cun teito que se cae a cachos e metendo auga por todas partes así como nas gradas coas tuberías obstruídas e rotas pola falta do máis mínimo mantemento” enumeran. “É vergonzoso cos responsables municipais non fagan nada ante esta situación deixando co proceso de deterioro desta importante instalación deportiva se acelere cada vez máis poñendo en risco incluso a seguridade das decenas de deportistas que adestran alí” afirman. “As imaxes falan por sí mesmas”.

O PP lembrá que presentou unha moción recentemente na Deputación de Pontevedra para que se asinara un convenio a tres bandas entre as tres administracións (Concello de Cangas- Deputación de Pontevedra  e Xunta de Galicia) para financiar unha actuación integral no recinto para poñer as múltiples deficiencias que presenta na actualidade. “Sen embargo, e a pesar de que había unha moción aprobada por unanimidade por parte da corporación municipal neste mesmo sendo o PSOE, partido do concelleiro de Deportes e o BNG votaron en contra” lembran. “Un claro exemplo da súa forma de facer política. Nun sitio digo unha cousa e noutra outra” engaden. “Xa que non queren o financiamento doutras administracións, instamos ao goberno local que asuma con fondos propios e de forma urxente os traballos precisos para solventar todos os problemas que presenta a infraestructura deportiva” reclaman. “O que está claro tanto por parte de clubes e deportistas é que non se pode agardar máis e o tempo das excusas xa rematou” reiteran, “o deporte cangués non merece o desprezo e desidia da que fai gala este goberno” rematan.