O PP DENUNCIA A FALTA DE LIMPEZA NOS AREAIS CANGUESES ESTE VERÁN

O PP de Cangas lamenta que mentres outros concellos anuncian actuacións para recoller o lixo acumulado nas praias tralos temporais da última semana en Cangas se siga sen facer nada. “É unha vergonza o que está acontecer con este goberno” afirman. “A paralise que está sufrindo este municipio non coñece límites” continúan. “En toda a tempada de verán non se mirou a maquina limpa praias polos areais, debe ser por aquilo de aforrar gasolina” ironizan. Os populares reclaman un plan de actuación de limpeza destes espazos naturais “que en moitos casos presentan un estado de abandono notorio”. “O certo é que xa debería estar feito pero os feitos demostran que non é así. As cousas non se fan porque sí, ten que haber un traballo de organización previo que brila por su ausencia con este goberno” explican. “Non sorprende, é algo que acontece con todo. Pasotismo e desidia mentres o tempo pasa, a maleza e a porquería crece e nada se fai” rematan.

Preguntas

O principal partido da corporación anuncia unha batería de preguntas para coñecer o traba- llo desenvolvido durante esta tempada de verán por parte da Concellería de Turismo. “Con esto do teletraballo, Cangas conta con concelleiros virtuais que din que traballan dende o salón da casa”. Dende a formación esixen explicacións sobre o traballo desenvolvido nas oficinas de Turismo, as brigadas de limpeza ou en promoción turística entre outras áreas. “Tamén queremos saber para cando se constituirá o famoso Consello Municipal de Turismo, xa vai facer un ano da aprobación da súa creación e nada se sabe” lembran. “Tal vez sexa virtual tamén e por iso non nos enteramos aínda da súa existencia”.