O PP LEMBRA CA RESPONSABILIDADE DE ABRIR OS PARQUE INFANTÍS É EXCLUSIVA DO CONCELLO

“É unha mágoa que non fale da reducción dun 30% do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra en plena pandemia” sinalan dende a formación.

Dende o grupo municipal do Partido Popular de Cangas responden ás delcaracións do Xosé Manuel Pazos lembrando ao rexedor que “o único responsable da apertura dos parques infantís e da súa seguridade é de él”. “Como sempre o sr. Pazos busca ocultar a súa responsabilidade mirando cara a outros” engaden a vez que recordan as diferentes estratexias seguidas por outros concellos de diferentes signos políticos da contorna. “Temos que decir que pese a súa profesión ten graves problemas de comprensión lectora. Nós non dixemos co Fondo de Cooperación Local fora específico para o Covid-19 en ningún momento pero sí nos preguntamos onde se están investindo eses fondos e diso pouco dixo” ironizan. “Estas semanas estamos coñecendo mellor as prioridades do goberno de Cangas, recortamos en múltiples partidas nos orzamentos entre os que destaca a seguridade dos milleiros de usuarios dos areais da nosa vila (en clara referencia a reducción dun 40% o número de socorristas e a eliminación do servizo de lanchas de salvamento) pero non se toca un euro nos eventos culturais” explican. “Os esforzos deben ser compartidos” recalcan a vez que sinalan que non abogan pola eliminación de ningún deses eventos. “Fala dos fondos que recibirá a Xunta do goberno central. Xa veremos cando chegan ou tal vez aconteza como cos ERTE, a espera infinita” declaran. “Non deixa de resultar curioso que non fale da reducción dun 30% do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra en plena pande- mia, debe ser ca campaña electoral non permite eses excesos” engaden.

“O que xenera preocupación e confusión na veciñanza é a errática toma decisións do goberno e non a actuación da oposición” recalcan. “Primeiro sendo o único concello da contorna que non permite o acceso ás praias para evitar contaxios pese a tratarse dun espazo ao aire libre, logo xerando preocupación entre visitantes é o sector turísitico municipal coa suposta restricción do acceso rodado ás praias que (ademais de ser de dubidosa legalidade) aínda hoxe non sabemos moi ben como vai ser e de que forma se vai implantar e por último cunha apertura apresurada e improvisada apertura dos parques infantís sen tomar as debidas medidas de limpeza e posta a punto dos mesmos” rematan.