O BIPARTITO, UN ANO DE IMPROVISACIÓN E DESPILFARRO
O partido maioritario na corporación canguesa fai un balance “pésimo”. “Moita propaganda pero poucos feitos” afirman.
Dende o grupo municipal do Partido Popular de Cangas se fai balance deste primeiro ano de lexislatura de goberno bipartito que permitiu a reeleción de Xose Manuel Pazos na Alcaldía de Cangas. Dende a formación sinalan no seu balance o estado de abandono que presenta a vila, “con camiños cheos de maleza e os espazos públicos en absoluto abanono son fieis mostras e claros exemplos de que fai moito tempo que non pasa un empregado municipal” afirman. Unha situación que para os populares se agrava no rural e que ten como claros exemplos o rico patrimonio histórico do municipio. “É unha vergonza ver o aspecto da Igrexa de Coiro ou do xacemento castrexo do Facho, declarado Ben de Interesa Cultural (BIC) con todas as pasarelas de madeira rotas polo que os visitantes terminan por camiñar por encima dos propios restos” lamentan. Por outra banda sinalan o recente peche da piscina municipal como outro dos “grandes logros” do bipartito, resultado según explican, dun modelo deficitario e dunha mala xestión da instalación carente de ningún mantemento dende a súa posta en funcionamento fai 5 anos” explican.
Contratos irregulares
Dende o PP resaltan irregularidades nos contratos polo que se autoriza a instalación por parte dunha empresa privada de contedores de recollida de aceite doméstico y roupa en numerosos puntos do municipio. “Preguntamos en varias ocasións sobre este asunto recibindo o silencio como resposta. Agora sabemos que non se seguiu o debido procedemento ao tratarse dunha ocupación de espazos públicos” declaran. “Un exemplo máis do ocurantismo e caciquismo co que actúa este goberno”.
Transparencia
Dende a formación denuncian a falta de transparencia do goberno local que non responde a maioría de solicitudes de información, documentación e preguntas por escrito dos seus concelleiros, “como é a súa obriga legal” lembran. Tanto é así que mesmo presentaron un recurso ante a Valedora do Pobo que tamén está es- perando a resposta do Concello a aos seus requerimentos polo que ameaza co amonestar ao bipartito de persistir nesa actitude. Outro exemplo de opacidade o encontran os populares na política de gasto do equipo de goberno, “levantando sistemáticamente os reparos de intervención polo que solicitamos con éxito a fiscalización do Consello de Contas de varios exercicios ante os indicios de elementos irregulares”.