O PP ACUSA AO GOBERNO DE NINGUNEAR Á OPOSICIÓN

Denuncian que se segue sen constituir o Consello Sectorial de Turismo nove meses despois. “Logo falan de consensos e unidade” lamentan.

O Partido Popular de Cangas critica co goberno aínda non teña constituído o Consello Sectorial de Turismo e sen embargo convoquen a Mesa Sectorial para o día 12 de xuño sen contar coa oposición. “Ignoran sistematicamente o acordo plenario aprobado fai nove meses por unanimidade para facer do Consello Sectorial o foro para coordinar as accións encamiñadas a potenciar e apoiar un sector fundamental para o noso concello como é o turismo” argumentan. “Resulta irónico que un goberno en minoría excluya sistematicamente aos grupos da oposición e logo nos plenos falen de chegar acordos e de consenso” continúan.

Dende o grupo municipal amósanse moi críticos coa xestión do bipartito en materia turística. “O máis destacable neste último ano foi o paseo de dúas concelleiras en Fitur a comezos de ano” sinalan. A formación acusa ao goberno de levar una política errática e de permanente improvisación. “Coa chegada do señor Pazos a nosa vila mirou como a imaxe das nosas praias saiu perxudicada con recortes nos servizo de socorrismo e cun menor recoñecemento a excelencia como amosa a reducción primeiro e a renuncia despois das Bandeiras Azuis” explican. “O goberno lonxe de apoiar a empresas do sector está resultando un problema xerando alarmismo nos visitantes cunha improvisada política de acceso ás praias que xa veremos como termina” continúan. “Cero accións promocionais, cero iniciativas de dinamización para a hostalaría, cero actuacións de posta en valor o noso patrimonio histórico-artístico, cero iniciativas para aproveitar o Ano Xacobeo 2021,…” enumeran.“A mediados de xuño e cando se lembran do sector” lamentan.

Retrasos

O grupo maioritario da corporación reclama maior axilidade nos procedementos de selección de persoal de socorrismo e de reforzo de limpeza de praias. “Ademais de ter menos socorristas os teremos máis tarde” denuncian. Reclaman ac- tuacións urxentes no mantemento e limpeza dos accesos e entorno dos areais así como unha mellora e renovación da sinalización e paneis informativos dos principais elementos patrimoniais máis visitados, “aprobado en pleno por unanimidade e que tampouco executan”.