O PP ACUSA A PAZOS DE SER A CAUSA DO PECHE DA PISCINA MUNICIPAL

“É o resultado de 5 anos de desastrosa xestión desta instalación” defende os populares.

A formación esixe a súa reparación é a licitación da instalación de acordo coa lei.

“O peche da piscina municipal A Balea é o reslultado da desastrosa xestión do sr. Pazos desta instalación deportiva de referencia”. Está é a reacción do grupo mu- nicipal do Partido Popular de Cangas ao anuncio do peche da piscina por parte do goberno local. “Levamos anos denunciando publicamente a mala xestión do señor Pazos e reclamando o mantemento desta infraestructura e agora utilizan esas de- ficiencias provocadas pola súa incompetencia para pechala” afirman.

“Era visto que un modelo de xestión no que se paga 23.000 euros máis IVA ó mes a unha empresa por prestar un servizo, máis alá do número de usuarios, sen esi- xencias de mantemento e asumindo as arcas municipais os principais custes como o enerxético, ademais de caro e ineficiente suporía nalgún momento o colapso” explican. Dende a formación sinalan que a empresa que viña prestando o servizo o esta facendo na alegalidade “cun contrato caducado cunha prorroga indefinida que se prolongou máis tempo co propio contrato” sinalan. A este feito suman a anulación da licitación por irregularidades, “nin recurriron nin puxeron en marcha unha nova licitación. Demasiado traballo” ironizan. “En campaña acusaron ao BNG de ser o culpable de non cumplir a famosa promesa de municipalización da xestión (que segue sen cumprirse 5 anos despois) polo que entendemos que xa non existe dito atranco para cumprir ese compromiso aínda que nos tememos que nos sorprenderán de novo con algunha burda excusa para tratar de ocultar o que xa todos sabemos que era mentira” afirman.

“Xa pediron un informe por 10.000 euros na pasada lexislatura sobre o modelo de xestión e aínda así seguen enredando a costa dos petos dos veciños e veciñas” en referencia a elaboración de novos informes sobre o modelo de xestión. “Non fai falta ningún informe para saber que o modelo actual é o máis caro e ineficaz sen comparación cos implantados noutros concellos da nosa contorna. Uns visionarios!” enfatizan.

“O principal problema é a prolongada falta de mantemento durante anos, tanto no entorno como no interior e o único responsable de esta situación é o concello co seu máximo responsable á cabeza”. “O que está a acontecer non pode sorprender. Son os mesmos que foron incapaces de executar un convenio coa Xunta de Galicia e que deixaron abandoada a piscina a media construcción durante anos. Tivo que ser o PP nas vacas flacas que logrou con esforzo e moito traballo dar término a obra” recordan.

Exemplo do desgoberno

O principal partido da oposición sinala que trátase dun exemplo máis do que está sendo estes cinco anos de Xosé Manuel Pazos na alcaldía. “Nunca se gastou tanto, sen control e hasta fai pouco sen orzamentos mentres se recortan servizos” reflexionan. “Onde están os 80 millóns de euros gastados neste tempo polo sr. Pazos” se cuestionan. “Despilfarran mentres non deixan de recortar. Agora a piscina municipal e xa veremos o que veña despois” engaden. “O que se está a manifestar é o resulta da incompetencia permanente, a improvisación a falta de proxecto e a utilización permanente da mentira como forma de facer política” declaran. “Un PXOM morto, sen solucións para o problema da Auga que segue sen a prometida remunicipalización a pesar do famoso informe de 20.000 euros por 7 folios que para o único que serviu foi para ter unha condea a pagar 1 millón de euros tras unha sonora derrota nos tribunais, e lamentable etcétera” enumeran.

Nova licitación

Lonxe de quedarse na simple crítica o grupo maioritario da corporación insta ao goberno local a iniciar un novo proceso de licitación que asente as bases do futuro da instalación e que recolla os investimentos precisos para dar un novo pulo a esta infraestructura deportiva. “Unha licitación ben feita e non a chapuza da última vez tratando de dar contratos aos amigos” aclaran. O grupo municipal anuncia a presentación dunha moción no próximo pleno para que non só se poña en marcha unha nova licitación de acordo a lexislación senón que tamén se executen con ur- xencia os traballos necesarios para a reapertura da instalación.