O PP ACUSA A PAZOS DE DEIXAR SEN VIXIANCIA OS AREAIS MUNICIPAIS

Os populares acusan ao rexedor de continuar coa política de recortes no servizo. “Elimina o servizo de lanchas e reducen os efectivos un 25%”, de- nuncian.

O municipio conta con 38 areais distribuídos nos seus 31km de costa.

O Partido Popular de Cangas manifestou unha vez máis o seu desacordo coa xestión do goberno local do operativo de verán. Recentemente o equipo de goberno fixo público ca vila contará cun 25% menos de socorristas e que se elimina o servizo de lanchas que se viña mantendo dende fai anos, unha operativa na Ría de Aldán e outra na Ría de Vigo, “áinda que o ano pasado a primeira no chegou a estar operativa e a segunda apenas unhas semanas” lembran.

Dende a formación critican co rexedor Xose Manuel Pazos utilice a presente crise sanitaria para realizar recortes en servizos públicos esenciais como o de socorrismo nas praias, “estamos falando da seguridade de milleiros de persoas entre a veciñanza e visitantes foráneos que gozan destes espazos naturais en verán” destacan. “Levamos anos denunciando os continuos ataques do sr. Pazos a este servizo, recortando persoal e recursos materiais sendo o ano pasado un auténtico caos con patróns sen embarcacións e praias sen socorristas”. “Primeiro sinalaban o modelo de xestión como causa da súa incompetencia polo que no 2018 o externalizaron sendo un fracaso segundo o propio alcalde que ‘rescatou’ o servizo para cosechar un fracaso maior” explican dende a formación. “Está claro que a seguridade non é unha prioridade para este goberno” enfatizan. “Haberá mal pensados que sinalen como causa as denuncias públicas do persoal pola falta de medios” ironizan.

“É curioso que agora digan que non teñen competencias e sinalen a colaboración de Salvamento Marítimo para lavarse burdamente as mans sobre o que aconteza este verán nas praias” declaran. “Esa colaboración é a mesma que existía antes, na mudou” reflexionan. “O certo é que nas situación de emerxencia cada segundo conta e que o servizo de lanchas é unha garantía de resposta áxil ante situacións de perigo na auga” continúan. “A propia ley de Costas no seu artigo 115.d) sinala as competencias municipais na vixilancia e limpeza dos areais” destacan. “Esas competencias que se reinvindican para según qué medidas e das que se renega noutras” engaden. “Están acostumados a tapar a súa incompetencia noutras administracións pero o certo é que este goberno co sr. Pazos á cabeza será o único responsable do recorte en seguridade nas nosas praias e das súas posibles consecuencias”.

Improvisación

O principal grupo da oposición tamén crítica os reiterados retrasos na contratación do servizo de balizaxe e no proceso de contratación do socorristas. “Todos os anos acontece o mesmo, co inicio dos procesos ás portas da tempada de verán cando é algo que xa se sabe que hai que facer de antemán” reflexionan. “Isto provoca que sexa máis díficil garantir que se cubran as prazas así como establecer unha data de posta en marcha do servizo” argumentan. “Noutros concellos xa iniciaron os procedementos. Por qué somo sempre os últimos?” se cuestionan en referencia ao acontecido outros anos. “Improvisación patolóxica que da que somos vítimas toda a veciñanza” rematan.