O PARTIDO POPULAR GAÑA AS ELECCIÓNS CON 4.213 VOTOS E 8 CONCELLEIROS

Estes resultados rebaixan a representación popular no pleno en dous edís e certifican unha perda de apoios de 2.000 votos, ocasionando a saída do goberno local.

Noite agridoce a vivida o pasado domingo para a familia popular. Despois de 15 días de campaña electoral non se alcanzada a maioría necesaria para continuar gobernando no Concello esta lexislatura que comeza. Se ben é certo que o Partido Popular logrou gañar as eleccións co 31,84% dos votos a distancia do seu inmediato perseguidor, Alternativa Canguesa de Esquedas- SON co 17,14% dos apoios, os resultaron foron insuficientes para alcanzar o obxectivo de gobernar en solitario os vindeiros catro anos abrindo a porta a un goberno de coalición composto por ACE (4 pedís), BNG (4 edís) e Asamblea Pola Unidade, unha das novas formación que entran no Concello (3 edís) sumando os 11 concelleiros necesarios para investidura en primeira ronda.

Os resultados foron calificados como “malos” polo noso presidente local e candidato á reelección José Enrique Sotelo.  “A abstención e o descontento pola situación en xeral son os dous principais factores que impediron cumprir o noso obxectivo de acadar a maioría absoluta” explica, “gañamos en 30 das 32 mesas electorais do noso municipio” destacou, aínda que sinalou que fai falta máis tempo para un análisis profundo e sosegado dos resultados. “Estes catro anos traballamos moito e ben” defende, aínda que non rexeita a necesidade de facer autocrítica do traballo de goberno, “estou seguro de que tamén cometimos erros” declara.

O líder popular desexou que os que recollen o testigo nas funcións de goberno “solucionen os problemas que ten Cangas” ainda que amosa certo escepticismo de cara ao futuro goberno, “a nosa vila xa viviu un goberno tripartito na lexislatura 2007- 2011 e o único que fixeron foi gastar, gastar e gastar”.