O PP DENUNCIA QUE A RESOLUCIÓN DE PAZOS É ILEGAL

O PP de Cangas denunciou o pasado 9 de agosto que a resolución asinada por Pazos para o cobro dos recibos da auga é ilegal xa que incumpre a Lei Xeral Tributaria. O pasado día 11 entregaron por rexistro un recurso de reposición contra a mesma.

O goberno tripartito non deixa de sorprender aos cangueses/as con novas meteduras de pata. Agora foi a conto da resolución asinada por Pazos para pasar ao cobro os recibos da auga dos meses de marzo e abril. Segundo detectou o grupo municipal popular a resolución publicada no BOP incumpre a Lei Xeral Tributaria 52/2003 que establece no seu art. 62.2 b) que si a notificación da liquidación se realiza dende o 16 a ta o último día de cada mes o prazo de liquidación debe extenderse dende a data de recepción ata o día 5 do segundo mes posterior, e se non fora hábil ata o inmediato hábil seguinte. Pola súa banda a resolución recolle como período de cobranza do citado padrón dende o 15 de agosto ao 31 de agosto de 2015, é decir só dúas semanas.