CASTRO AMOSA A SÚA INCOMPETENCIA COA PRAIA DE RODEIRA

A edil de Medio Ambiente tarda catro días en izar a bandeira amarela no areal urbano despois de que unha analítica amosase elevados niveis de contaminación microbiológica e pese a que Sanidade recomenda prohibir o baño.

O Partido Popular de Cangas denunciou esta semana un novo exemplo da incompetencia amosada ata agora por parte da concelleira de Medio Ambiente do tripartito Tania Castro. A renuncia de Bandeiras Azuis, problemas coas lanchas de salvamento, retrasos coa incorporación dos socorristas e un largo etc, agora hai que sumar a irresponsabilidade de manter aberta ao baño e con bandeira verde izada a praia de Rodeira despois de que unha analítica revelase elevados niveis de contaminación microbiológica nas súas augas. Segundo defende Castro, “Sanidade non obriga a pechar a praia só recomenta prohibir o baño”. Está é a resposta da edil aos bañistas que tiveron que enterarse pola prensa que as augas onde se bañaban estaban contaminadas, mentres no tablón da praia calificaba a calidade das augas como excelente.

“Non ten xustificación. Mantivo a bandeira verde e a Bandeira Azul izada como si non pasase nada”, explica o concelleiro popular Jesús Graña, que sinala que dende o concello non se informou debidamente aos usuarios. Fronte as acusacións de Castro de contar con información privilexiada, o popular destaca que “non da unha”, “fala que dende Augas de Galica nos facilitaron antes a información cando é o Sergas a través do programa de vixilancia sanitaria das praias que leva a cabo este labor” declara, “amosando de novo un descoñecemento absoluto que ten da súa área” remata.DSC_0258