CANGAS É O CONCELLO QUE MÁIS FONDOS RECIBE DO ESTADO POR HABITANTE

Cangas ingresará este ano do Estado 208,10 euros por habitante. Esto é fruto das políticas económicas do anterior goberno popular, con rigor orzamentario.

Este mes fixéronse públicos os datos sobre os fondos que o Estado ingresa ás facendas locais. Segundo esa información o Concello de Cangas ingresará no presente ano 208,10 euros por habitante. Esto sitúa ao noso municipio como o que máis recibe da provincia por detrás de Vigo e Pontevedra, que gozan dun reparto regulado por outra lexislación diferente. O voceiro popular de Asuntos Económicos e concelleiro Pío Millán sinala que esta boa nova é fruto do traballo realizado no eido económico polo anterior equipo de goberno do Partido Popular, “pasamos de gastar o que non se tiña a manter políticas de contención do gasto, priorizando nos servizos públicos” explica, “contribuíndo a que a día de hoxe o noso concello conte con mais recursos para inversións ou para financiar os servizos municipais” remata. Respecto a outros concellos da comcarca do Morrazo, Cangas sitúase por encima de Moaña (185,60 euros), de Bueu (179,90 euros) e a nivel de toda a provincia supera a municipios como Vilagarcía de Arousa (202,50 euros), Marín (202,40 euros), ou A Estrada (206,4 euros). “Dende o noso grupo municipal desexamos que o actual goberno tripartito manteña esta senda en materia económica, grazas a cal poderase continuar obtendo rendementos e beneficios” conclúe.

5. Pío Millán Blanco. 43 anos. Licenciado en Económicas e Master en Auditoría e Contabilidade Superior. Actualmente traballa de administrativo. Veciño de O Hío.

Pío Millán, concelleiro e voceiro de AA.EE.