A BANDERA DE ESPAÑA APARECE TIRADA NO SALÓN DE PLENOS

O grupo municipal do PP denuncia este feito e o vincula a celebración no mesmo lugar en datas recentes dunha conferencia da CUT na que participou a secretaria xeral do sindicato vasco LAB Ainhoa Etxaide.

Os populares levan tempo denunciando o incumprimento reiterado por parte do tripartito da lexislación vixente, retirando a imaxe do xefe do Estado do lugar que lle corresponde así como reitrando a bandeira de España xa en varias ocasións. Se ben o pasado 20 de febreiro foron os propios concelleiro do PP de Cangas os que volveron a colocar estes símbolos no seu sitio, agora vólvese a repetir a historia “casualmente despois de que se celebren actos de partido neste lugar” sinala o voceiro da formación Rafa Soliño, que ve neste feitos un argumento máis para criticar a practica seguida polo actual equipo de goberno de realizar actos das sus formacións políticas no salón de plenos, “rachando coa practica habitual seguida ata esta lexislatura de deixar fóra a este lugar dos espazos electorais” explica.  “É tan sinxelo como facer cumprir a lei e a constitución” reitera o edil.

Por outra banda, ás críticas pola utilización partidista do salón de plenos foron sumándose outras formacións políticas canguesas tando da oposición como da propia coalición de goberno.