VÁZQUEZ ANUNCIA QUE O PROXECTO DA VARIANTE ESTARÁ LISTO EN VERÁN

A conselleira de Infraestructuras e Vivenda Ethel Vázquez anunciou que o proxecto constructivo da variante de Cangas estará redacto en verán. Deste xeito realizase o primeiro paso para levar a cabo una das principais infraestructuras pendentes para Cangas e que suporá unha inversión por parte da Xunta de Galicia de 3,7 millóns de euros.

Deste xeito o Partido Popular volve a amosar o seu compromiso con Cangas levando adiante unha das infraestructuras básicas para o crecemento futuro do municipio, sendo un dos compromisos electorais da formación e do anterior goberno popular liderado por José Enrique Sotelo.

Máis compromisos 

Por outra banda, o goberno autonómico tamén comprometeuse a someter a análisis dos técnicos da Axencia Galega de Infraestructura as demandas de actuación co obxectivo de incrementar a seguridade viaria nas estradas autonómicas nesta localidade, tales como a avenida de Ourense, avenida Castroviejo, avenida de Vigo ou avenida de A Coruña, sobre todo en aquelas zonas próximas aos colexios, así como actuacións en O Viso, na carretera que une Cangas con Bueu, ademáis do casco urbano. A responsable de Infraestructuras explicou tamén que a Xunta espera que Cangas participe na elaboración da segunda fase do Plan de Sendas de Galicia, trasladando as actuacións que se consideren prioritarias.