NON HAI VONTADE DE GOBERNO PARA SOLUCIONAR O PROBLEMA DO CICLO INTEGRAL DA AUGA

Desgraciadamente o goberno de Cangas segue sen presentar unha solución ao problema das taxas do ciclo integral da auga, un ano despois de coller o Concello.

Nestes meses se dedicaron a dar bandazos sobre este tema, e chegaron a pasar ao cobro todo o ano 2015 en catro meses e medio.

A última ocorrencia foi do Sr. Abalo, a presentación de forma individual dun estudo de equilibrio económico, estudo carente de firma de ningún técnico, no que consta o logotipo da empresa municipal de augas da cidade da Coruña.

Despois dun análise do estudo , puidemos comprobar a existencia de datos que non coinciden coa realidade do servizo, por exemplo, o custe de consumo eléctrico da explotación que se reflexa no estudo está moi por debaixo do custe medio anual nun últimos anos.

Non entendemos que fai unha empresa municipal, prestando servizos a outros municipios, e o que resulta mais inexplicable é que eses informes non sexan firmados por ninguén.

A realidade é que isto non deixa de ser fogos de artificio, para distraer a veciñanza e mentres tanto non facer ningún esforzo por solucionar o problema.

Consideramos que para presentar estes informes non era necesario trasladarse ata A Coruña, os técnicos municipais do Concello de Cangas están capacitados para facer informes moito mais rigorosos que o que presentou o Sr. Abalo, esperemos que este documento non supoña ningún custe para as arcas do concello de Cangas.

o que se necesita é que se traballe en atopar unha solución real e viable, deixando de dar paus de cego como se fixo durante todo este período de goberno tripartito.