O PP DENUNCIA A ACUMULACIÓN DE RESTOS DE ASFALTO NO APARCADOIRO DE A RÚA

Os populares lembran que é altamente contaminante e que este tipo de verquidos incontrolados poden filtrarse na terra e afectar ao río Saíñas.

O Partido Popular de Cangas reclama ao goberno local que tome medidas respecto a acumilación de piche no aparcadoiro público de A Rúa acumulado por empresas nos últimos meses. Dende a formación recalcan que este tipo desperdicios son altamente contaminantes e requiren de tratamento especializado para a súa eliminación ou reutilización. “O lugar non é o axeitado para depositar este tipo de material” explican, “e ademais é unha ameaza para o río Saiñas que transcurre moi preto xa que os productos químicos que conten o piche poden filtrarse coa chuvia na terra e chegar mesmo ao propio río” explican. Por iso dende o grupo municipal esixen ao tripartito que tomen medidas para retirar o material depósitado así como para que non se volvan a repetir.

LIMPEZA NO RURAL

Os populares tamén se fan eco das críticas dos veciños á falta de limpeza nas zonas rurais. Camiños impracticables e invadidos pola maleza, parques infantís con elementos rotos e sen desbrozar son só algunhas das demandas da veciñanza. “Semella que para o goberno tripartito as parroquias non existen” sinalan a vez que reclaman que se utilice os reforzos de persoal achegados polo Plan de Emprego a correxir estas deficiencias. “A xente das parroquias tamén pagan impostos e tamén merecen á atención do Concello e dos servizos municipais” rematan.