MILLÁN RESPONDE AS DECLARACIÓNS DE ABALO

Claro que o Ministerio de Hacienda ten información da situación económica do Concello de Cangas, xa o dixemos en varias ocasións, que dende esta administración estábase obrigado a informar cada trimestre de como se atopan as contas no concello de Cangas, por aso reiteramos que non era necesario facer unha suposta auditoría, xa que este concello se está auditando cada trimestre.

Entrando no fondo da cuestión, reiterarlle ó concelleiro de facenda que a día 13/06/2015 tiña o 54% de crédito dispoñible do orzamento para gastar. Ata ese momento gastárase o 45,8% do orzamento, como xa demostramos co documento que nos foi entregado nesas datas na intervención municipal. Outra cousa é que parte do gasto dispoñible atópase comprometido a unha serie de fins determinados. Ese crédito comprometido ou crédito retido, representaba no momento da apertura do orzamento a día 01/01/2015 o 87% do orzamento total. Aínda non se fixera un céntimo de gasto deste orzamento e xa se topa retido o 87% do gasto total; xa que o importe das nóminas está retido ó cen por cen e non pode ser destinado a outras cousas. o mesmo sucede co 90 % do capitulo de inversións e o cen por cen das transferencias correntes e transferencias de capital. No capitulo de gasto corrente estabamos obrigados a reter crédito para consumo eléctrico, aportación a Sogama, suministro de gasoil e outras partidas por un importe superior os 2 millóns de euros, desta maneira garántese que exista crédito para pagar o consumo eléctrico, a Sogama e outras necesidades que son imprescindibles para o día a día.

Si utilizamos o argumento de que so tiñan crédito dispoñible do 5% do orzamento en xuño de 2015, nos tiñamos o 1 de xaneiro de 2015 so dispoñible o 13% do orzamento; xa que o 87 % estaba comprometido dende a aprobación do mesmo. Pero volvemos a repetir que iso non quere dicir que o gasto estea realizado, senón como están pagando o novo goberno as nóminas, o gasto eléctrico mensual, as cotas de sogama, e como pagarían estas obrigas periódicas para o que queda de ano.

O que sucede e que o Sr. Abalo interésalle confundir gasto comprometido con gasto realizado, e servirlle así de desculpa para non cumprir os seus compromisos, con estas mentiras. Pero este forma de proceder ten corto recorrido, xa que a hora de elaborar os orzamentos do 2016 vaise topar con que ten comprometido a maioría do orzamento de gasto, e non vai poder xustificarse ante os veciños e ante os socios e goberno, porque xa non nos poderá votar as culpas o goberno anterior como está intentando facer neste  momento.

En canto a que é unha falacia, que aprobando o Plan Xeral inicialmente a sentencia da indemnización a Promalar é inexecutable, non é algo que nos inventemos, senón que é a conclusión dos servizos xurídicos do concello. Pero iso no vai ser o único problema nesta materia porque detrás virá o problema da Rúa Noria e non se pode nin se debe mirar para outro lado, senón que hai que buscar solucións xa, e nestes caso pasan pola aprobación inicial do PXOM.

 

5. Pío Millán Blanco. 43 anos. Licenciado en Económicas e Master en Auditoría e Contabilidade Superior. Actualmente traballa de administrativo. Veciño de O Hío.

Pío Millán, concelleiro e voceiro de AA.EE. do PP de Cangas.