SOTELO ABOGA POR PROFUNDIZAR NA CENTRALIZACIÓN DE COMPRAS DE SUMINISTROS MUNICIPAIS COMO MEDIDA DE AFORRO

O popular sinala que xa se abordaron algunhas medidas nesta liña estes anos que permitiu aforrar en partidas de suministros

O líder do Parido Popular e candidato a reelección J. E. Sotelo aboga por profundizar na centralización da compra de suministros municipais que permita ao consistorio continuar aforrando en gastos como a contratacións de seguros ou na adquisición de suministros, “del tal xeito que sexamos más eficientes” destaca. Sotelo defende que ao longo destes catro anos de goberno o seu equipo xa traballou neste senso, “por exemplo, logramos reducir o gasto en luz en máis dun 30% pasando de case un millón de euros anual aos 600.000 euros actuais” explica, “reducimos o número de teléfonos móviles e logramos reducir dunha forma moi importante o gasto neste capítulo, pasando de máis de 10.000 euros mensuais de media, aos 2.000 euros actuais así como na contratación do mantemento dos ascensores das instalaciones municipais” engade, “todo, sen afectar ao desenvolvemento dos diferentes servizos” recalca.

Por outra banda Sotelo tamén destaca o aforro en gastos de goberno, “establecimos unha comisión única para abordar todos os asuntos de interese municipal, reducimos a contratación de cargos de confianza así como as dedicacións exclusivas dos concelleiros de goberno, contribuíndo ao aforro ao longo destes anos” declara. “Somos conscientes que os recursos do Concello son limitados polo que é unha prioridade sacar o máximo proveito a cada euro que sae das arcas municipais” remata.